A illa de San Simón, en Redondela, acolle desde este 11 de abril as actividades da primeira edición do Conecta Lab. O laboratorio audiovisual que artella a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA co apoio da Deputación de Pontevedra achegará formación para que sete guionistas e profesionais da dirección do país desenvolvan seis novos proxectos. Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Lidia Fraga e Jacobo Díaz, Irene Pin e mais Dani Viqueira foron os nomes seleccionados para esta iniciativa.
As actividades comezan coa primeira das clases maxistrais que recibirán os participantes, e que serán tamén accesibles vía web ao público interesado. Álvaro Vega, Óliver Laxe, Carlos Marqués-Marcet e Pablo Martí desenvolverán estas actividades ata o vindeiro día 17, mentres Icíar Bollaín desenvolverá unha sesión presencial e de acceso libre no Museo MARCO de Vigo o sábado 15. Canda a eles, Celia Rico, Laura Sarmiento, Alex Rodrigo, Álvaro Gago, Marjorie Bendeck, Enrique Lojo e Paula Cons participarán tamén das propostas formativas desta iniciativa.
Unha mesa redonda sobre miradas de xénero no cinema, o encontro Cinema Arraiano co audiovisual portugués ou un roteiro para coñecer localizacións da ría de Vigo fan tamén parte do programa. Ademais, durante a noite desenvolveranse as Derivas Nocturnas, nas que se explorarán interacción entre diferentes artes e as posibilidades da improvisación. A música de Xacobe Martínez Antelo e Suelen Estar Quartet, a mestura de debuxo e son de Montse Piñeiro de Rubén Abad a instalaciónd transmedia de Roi Fernández ou a experiencia de realidade virtual e Toño Cabanelas e Alexandre Cancelo son algunhas das citas dentro deste apartado.
Os proxectos seleccionados para se desenvolver nesta edición son Aquagym de Iria Sobrado, que se presenta como "unha oda á sororidade na vellez, pois é a busca da identidade de seis mulleres camiño dos setenta anos, unha vez liberadas da carga dos coidados, que ven na súa monitora, máis nova e aparentemente libre, o espello no que mirarse". Alexandre Cancelo traballará "nun proxecto de longametraxe de ficción que xoga co documental" sobre a illa Grimsey ao norte de Islandia, mentres, Nacho Ozores desenvolverá La idea de un hijo longametraxe de ficción que narra a vida dun actor sen traballo que non quere ter fillos, fronte ao desexo da súa parella.
Lidia Fraga e Jacobo Díaz participan no encontro con Normal historia dunha nai que se enfronta "á dúbida de que o seu fillo sexa un psicópata, debaténdose entre o amor que sinte cara el e o medo a que faga dano a alguén, incluída a ela mesma". En Terás que saltar, Irene Pin conta a historia de Eli, "unha moza de 22 anos que terá que debaterse entre perseguir o seu sono e aceptar unha bolsa para ir estudar cine a Lisboa ou quedarse coa súa vida normal en Compostela". Finalmente Dani Viqueira propón en Invisibles "un thriller fantástico de terror psicolóxico no que, cando es invisible, a ninguén lle importa o que te pase".