O festival de banda deseñada da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, mudará de director logo de 25 anos con Miguelanxo Prado á fronte. O recoñecido debuxante anunciaba nunha rolda de prensa este trinta de marzo a súa decisión de renunciar como director deste evento de sona internacional. Segundo explicou, as limitacións económicas que o Concello da Coruña mantén desde hai anos para a organización do evento, están na base desta decisión.
Prado, que asegurou que xa decidira a súa renuncia en xuño do pasado e que a adiou para completar a edición número 25 do evento, apuntou que o orzamento para o festival mantense conxelado desde hai anos nos 120.000 euros. Fronte a isto, deuse un incremento dos custes xerais, como os desprazamentos de autores convidados, que supuxeron un importante deterioro nas condicións nas que se desenvolve o traballo organizativo. Do mesmo xeito, apuntou problemas burocráticos co carácter público do evento que dificultaban a xestión do mesmo.
Segundo destacou Prado na súa intervención "Nin o cansazo nin a crenza de que o modelo está esgotado son a causa desta decisión", que se debe á "interpretación restritiva da lexislación que nos últimos 15 anos se leva facendo, enchendo de atrancos o deseño de cada edición e facendo inviable o mantemento de Viñetas tal e como foi concibido". O coñecido debuxante salientou que outros eventos similares non se ven suxeitos ás mesmas restricións administrativas que, segundo el, levan anos a complicar a organización do evento. "Deduzo, xa que logo, que é posible facelo doutra maneira dentro da legalidade, coa cal concordo plenamente, pois sempre me manifestei defensor do control dos cartos públicos".
A incidir na vixencia do formato de Viñetas, Prado apuntou que "sigo crendo na viabilidade, o interese e a eficacia do modelo que desenvolvemos ao longo destes 25 anos. Só que os cambios limitadores que se nos impuxeron fan imposible a miña continuidade". Segundo recoñeceu esta dimisión "é unha decisión moi triste, sobre todo porque non alcanzo a comprender por que se ha prescindir dun patrimonio como o noso festival, tan difÃcil de alcanzar e de soster; ou por que desistir de loitar administrativamente (talvez politicamente) por manter a estrutura e o deseño que o converteu en algo de tanta sona. É, de verdade, algo que non entendo".
A xa ex director defendeu tamén que "O éxito de Viñetas é incuestionable. A lista de autoras e autores que pasaron polo festival nestes 25 anos e das exposicións que se programaron, é inapelable, á altura dos mellores a nivel mundial; algo máis salientable, se cabe, polo feito de que non se trata dun festival de carácter mercantil como os moitos aos que os autores nos vemos obrigados a acudir por compromiso editorial".
O Concello da Coruña, pola súa banda, aseguraba este 29 de marzo, cando se adiantaba a nova da dimisión, que a continuidade do festival está garantida. Deste xeito, o equipo que encabeza a alcaldesa Inés Rey asegurou que haberá unha nova edición do evento este ano baixo unha nova dirección que polo momento non se deu coñecer.
****Nova ampliada ás 14:15***