A Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, no Porriño, acaba de lle outorgar o Premio Pedigree do evento ao actor Luís Zahera. O Compostelán recibirá a máxima distinción do festival como "un dos actores máis relevantes de Galicia nas dúas últimas décadas".
A entidade lembra a importante traxectoria do intérprete, que acumula dous premios Goya no se haber, e destaca o seu carácter como "actor versátil" que "ten transitado coas súas personaxes desde o cómico ata o tráxico, e tense forxado como actor no mundo da curtametraxe". Nese sentido lembra que "o propio Festival de Cans foi importante na súa traxectoria, ao recoller dous premios ó Mellor actor, nos anos 2008 e 2012" e participar en moitas das edicións do evento. Zahera recollerá o seu galardón o vindeiro 19 de maio no marco da nova edición do festival.
En paralelo, o festival entregará os seus Chimpíns de Prata á actriz Melania Cruz, ao crítico de cine Ángel Suanzes e á veciña de Cans María Jesús Sánchez "Mari da Carreira". No caso de Melania Cruz, o Chimpín de Prata "Pepe Puime" recoñécea como "unha das grandes actrices do teatro e do cinema galego actuais" que "demostrou ter un compromiso permanente co Festival de Cans, onde ten participado asiduamente en coloquios e encontros co público, ademáis de converterse nunha gran embaixadora do certame".
Ángel Suanze leva o Chimpín "Divina Campos" por ser "un dos xornalistas de referencia sobre o cinema en TVG, e un dos que máis veces cubriu como xornalista o Festival de Cans". A organización destaca a súa figura como "xornalista clave na historia do cinema galego recente, onde veu medrar e apoiou a numerosos cineastas, produtores e actrices e actores".
Finalmente, o Chimpín de Prata que recoñece o labor dunha veciña ou veciño de Cans polo seu apoio ao festival foi para María Jesús Sánchez. "Mari da Carreira", a quen reivindica como "unha das persoas imprescindibles no funcionamento invisible do Festival". A organización destaca o seu labor como "pandereteira, alquimista do licor café especial que fai ás convidadas e convidados, recrutadora do xurado dos veciños ou organizadora da homenaxe ó Can de Pedra que abre cada ano o festival, Mari fai un traballo invisible e imprescidible dentro da aldea que o festival quere recoñecer".