A actriz, dramaturga e directora Clara Gayo (Vigo, 1971) asina neste 2023 a petición da AAAG o Manifesto Galego do DÃa Mundial do Teatro, que se conmemora cada 27 de marzo. O texto de Gayo reivindica o teatro como arte que "inclúe a diferenza, que evidencia a inxustiza e acariña a nosa humanidade". Gayo sinala que a escena "debe habitar no lÃmite do precipicio", ao tempo que enxalza o labor dos profesionais do teatro para despois animar a toda a profesión a continuar co seu traballo. "Sexamos a voz do inaudible. Sexamos o corpo do que desaparece. Sexamos o reflexo do que se transforma. Sexamos a acción do inamovible", sentenza Gayo no Manifesto antes de engadir unha última petición: "Continuemos inaccesible ao desalento". Clara Gayo lerá o Manifesto na gala de entrega dos Premios de Teatro MarÃa Casares, que se celebrará o vindeiro 30 de marzo no Teatro RosalÃa Castro da Coruña.
Clara Gayo clarifica coa súa redacción as intencións deste seu texto. "Este quere ser o Manifesto do agradecemento, da xenerosidade, da consciencia, da revisión. O Manifesto do desapercibido, do contraditorio, diso que é pequeno e anecdótico, diso que é humilde e sorprendentemente amador. O Manifesto dun Teatro libre, presente, aberto", escribe Gayo antes de concluÃr cunha última consigna escénica. Unha consigna coa que pide de forma colectiva por "Un teatro que fai o que sempre fixo: Acompañar, cuestionar, revelar, padecer. Un teatro do ser". Clara Gayo é actriz, dramaturga e directora. A súa formación escénica principiou na Escola de Teatro Danza Espazo Aberto e co curso de Especialización en Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo dos anos, traballou en compañÃas como Chévere ou Berrobambán, co Centro Dramático Galego e en espectáculos de produción propia. Nos últimos anos exerceu como directora con formacións como Pista Catro ou Mofa&Befa. Dende 2002, Gayo dirixe e escribe para a compañÃa de teatro amador FarandOleiras Cabaré. Malia o seu perfil polifacético, Gayo cultiva con maior asiduidade a escrita dramática. En 2015, gañou o Premio do Xurado no IX Premio Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega con Evasión. Fai parte xunto a Carlos Santiago e Zé Paredes do colectivo G.O.D Favia Antonia (Grupo Oportunista de Drama) dende 2017.
Homenaxe a Lino Braxe
Tamén co gallo da celebración do DÃa Internacional do Teatro, a Deputación da Coruña xunto Manarte Producciones organiza un evento no teatro Colón, o vindeiro domingo 26 de marzo, en homenaxe e recordo do multidisciplinar creador Lino Braxe. En primeiro lugar presentarase a edición bilingüe da súa obra "Manar" e, acto seguido, a compañÃa Teatro Proscrito porá en escena "Manar. A Derradeira Caravana", unha montaxe que conta a historia de como unha muller árabe, vÃtima dunha guerra que golpea o seu paÃs, sobrevive nun campo de refuxiados sirio. Dende este espazo de dor e pobreza evoca o seu pasado, a súa xuventude, a felicidade perdida, a súa familia, os seus amores, os seus anhelos, as súas esperanzas, a danza, a música, a poesÃa.
MANIFESTO GALEGO DO DIA MUNDIAL DO TEATRO 2023
Celebramos unha nova volta ao Sol do Teatro Galego. E aquà estamos, con todos e cada un dos dÃas sobrevividos prendidos no corpo...
Que sorte.
Deixamos atrás os rastros das nosas creacións, pensando xa nas que están por vir, á espreita de calquera idea acubillada na anécdota... Calquera persoa, en calquera parte, pode ser ese detonante que buscamos, esa historia que finalmente narraremos. Ou, quizais, prefiramos indagar no extenso legado de historias xa escritas que constitúen o noso patrimonio e que agardan, pacientes, a seren encarnadas e revividas. Ou, quizais, decidamos non contar ningunha historia, senón ofrecer unha reflexión, ou a relación dun corpo co espazo, coa luz, co son. Simplemente. Parece tan fácil... O Teatro permite tantos códigos como artistas acolle, só ten unha condición: Alguén expresa e alguén recibe.
Ver para crer. Crer para crear.
Contemplar a perpetua convulsión da Humanidade, e convulsionar con ela. Apañar sen descanso cada desexo, cada necesidade, cada transformación. Poñer terra por medio, terra inzada de semente que nos axude a superar a intranscendencia e defender un escenario da axitación. Tanto ten a historia que queiramos contar, tanto dá como escollamos contala, tanto dan as estéticas e as teorÃas escénicas, ningunha é máis verdadeira ca outra. Son opcións. Propostas. Intentos. Xa.
O Teatro debe habitar no lÃmite do precipicio e aceptar o risco dun clamoroso fracaso que, non obstante, mereza sempre a oportunidade de volver fracasar. Sigamos buscando, expoñéndonos e opoñéndonos, abrazando e reclamando. Fagamos algo... E o contrario.
Sabemos que a nosa miseria non é diferente da miseria común, ofrezámola, pois, sen pudor, coa consciencia desesperada de que cada función puidera ser a derradeira. Sen agochar que en cada segundo creado para un escenario, en cada acción, en cada palabra, en cada pausa, en cada silencio, está o presente que vivimos, e facemos parte dese presente no que nos fascina, pero tamén no que nos repugna. Sexamos a voz do inaudible. Sexamos o corpo do que desaparece. Sexamos o reflexo do que se transforma. Sexamos a acción do inamovible. Acompañemos este noso mundo no seu drama e na súa comedia... Continuemos inaccesibles ao desalento.
Fagamos sitio.
Este quere ser o Manifesto do agradecemento, da xenerosidade, da consciencia, da revisión. O Manifesto do desapercibido, do contraditorio, diso que é pequeno e anecdótico, diso que é humilde e sorprendentemente amador. O Manifesto dun Teatro libre, presente, aberto. Un Teatro que acolle e que se esforza, que comprende e que compadece, que baila, que anima o inanimado, que conmove e que nunca deixa de aprender. Un Teatro que proclama, que describe, que incomoda ou que se fai querer. Un Teatro que inclúe a diferenza, que evidencia a inxustiza e que acariña a nosa humanidade. Un Teatro que sinala, que se atreve, que contravén as tendencias do mercado porque se empeña en non ser produto.
Un Teatro, por fin, que fai o que sempre fixo: Acompañar, cuestionar, revelar, padecer...
Un Teatro do Ser.
Clara Gayo
Santiago de Compostela. Marzo de 2023