
No ámbito formativo, o programa achega o obradoiro De quen é a historia? Prácticas audiovisuais colaborativas e a antropoloxÃa audiovisual a cargo de Chus DomÃnguez e Belén Sola. Na sección para público escolar, MICE PetÃs esta xeira inicia un programa piloto co alumnado de tres institutos galegos e co grupo mozo do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, en Santiago de Compostela. As crianzas participantes realizarán unha curta etnográfica, desde a idea ata a edición final, que se poderá ver o dÃa 31 de marzo no marco do programa. Ademais, facilitaranse sesións virtuais para centros educativos. A organización dará a coñecer en vindeiras datas o programa completo da edición.