O PACC de Lansbrica recompila os 10 achados arqueolóxicos máis relevantes do ano

Neste ano destacan xacementos pouco habituais en Galicia ou obxectos excepcionalmente preservados

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Aldea fabril galaicorromana en Arzúa.

Aldea fabril galaicorromana en Arzúa.

Como xa é habitual, a conta en Twitter do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás (@PACC_San_Cibran) fai un repaso dos 10 achados arqueolóxicos máis relevantes do ano en Galicia. Desta volta, destácase a identifición dun cairn en A Muradella, entre A Pobra do Brollón e Monforte, a aparición dun conxunto de fornos galaicorromanos no rural arzuán nun excelente estado de conservación, o conxunto de calzado medieval localizado durante a intervención no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a embarcación medieval localizada na ría de Ribadeo, o henge investigado en Outeiro Grande (Lalín), no que se localizou madeira carbonizada que permitirá datar con precisión fases do monumento ou un tesouriño con 200 moedas do século IV d.C. localizado no castro da Illa de Ons (Bueu), entre outras temáticas.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Andar con pés de coiro

Andar con pés de coiro

Localizan unha sorprendente colección de calzado medieval no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ons, Moedas, Twitter, Sil...