Os silos do emblemático edificio da Panificadora en Vigo salvábanse do derrubamento para unha posterior construción de vivendas no ano 2001 grazas á intervención do Concello e logo dunha intensa campaña cidadá reclamando a súa conservación, posta en valor e paso a usos dotacionais. Ese movemento por parte do Concello olÃvico incluÃa unha modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do Casco Vello que pretendÃa liberar este ben da especulación urbanÃstica desexada polos seus propietarios, desde entón o futuro deste inmoble industrial está en mans dos tribunais xa que os seu propietarios legais, Promociones Montelouro, iniciaron a vÃa da reclamación xudicial para reverter esa situación, acadando unha sentenza favorable ás súas intencións en abril deste ano. Segundo informa La Voz de Galicia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de rexeitar o recurso de casación interposto polo Concello sobre a sentencia do propio alto tribunal galego que anulaba esa modificación do Pepri do Casco Vello en base a unha vulneración do principio de xerarquÃa normativa pola que terÃa sido preciso facer modiificacións previas no PXOM.
A Panificadora foi obxecto de diversas accións cidadáns de reivindicación para o seu mantemento e posta en valor. O edificio, en continuo deterioro, incluÃuse no seu momento no catálogo do Docomomo Ibérico, un proxecto promovido por profesionais da arquitectura que pretende inventariar as construcións industriais desenvolvidas no marco do Movemento Moderno. No ano 2011 o Ministerio de Cultura emitiu un informe favorable a usar o inmoble para acoller a Biblioteca da Cidade, no caso de que o Concello se fixese coa propiedade para albergar esa e outras actividades culturais. No ano 2017 levouse a cabo un concurso de proxectos arquitectónicos para a recuperación do inmoble e do seu contorno, gañado polos arquitectos Jorge Salgado e Celso López. O proxecto conservaba todos os edificios existentes afectando a un total de 14.000 metros cadrados e permitÃa instalar neste complexo a nova biblioteca estatal asà como un coworking, espazos para a danza e a música ou o Centro de Innovación Gastronómica. Os gañadores recibiron 50.000 euros polo proxecto e 75.000 euros adicionais para a redacción da planificación de todo o ámbito urbanÃstico da Panificadora. O Concello tiña previsto un investimento 2,5 millóns de euros para desenvolver o proxecto, mentres o Consorcio da Zona Franca prevÃa investir catro millóns máis.