Un catálogo na rede que aspira a recoller todos os filmes e series que están dobrados ou lexendados ao galego. Esta é a proposta de Pipocas, o web que presentou este 14 de decembro A Mesa pola Normalización LingüÃstica e que arrinca cun cento de referencias.
O catálogo, que a entidade asegura que contará cunha actualización permanente, liga directamente cada produción á plataforma de vÃdeo baixo demanda na que se pode ver. Con posibilidades de busca por xéneros ou a atender a se a lingua orixinal da produción é o galego, o proxecto repasa contidos baixo demanda de Netflix, Amazon Prime Video, a TVG ou o web do XabarÃn Club.
Segundo destacou Carlos Vieito, responsable de comunicación da Mesa, o proxecto "responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua" en particular por parte "dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas". A entidade solicita a colaboración do público para sinalar novos contidos que puidesen ter pasado desapercibidos na catalogación.