A Mesa pola Normalización presenta o seu catálogo de agasallos en galego

A iniciativa chama a un consumo responsable coa nosa lingua para as festas de Nadal

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Mesa pola Normalización presenta o seu catálogo de agasallos en galego

Co Apalpador como carta de presentación, A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de presentar ou seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal de 2023. En total son 64 páxinas de presentes das que literatura, banda deseñada e discos ocupan un terzo da publicación. Canda a isto, o catálogo achega unha importante selección de produtos de artesanía, gastronomía, experiencias e todo tipo de servizos na nosa lingua.

A publicación recolle propostas das empresas que participan da campaña Abertos ao galego, que coordina a propia Mesa. Na presentación desta publicación, a entidade lembra a importancia de desenvolvermos un consumo consciente a nivel lingüístico para apoiar proxectos de proximidade e que se desenvolven na nosa lingua.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Banda deseñada, Normalización Lingüística, Literatura...