A Mesa presenta o seu catálogo de propostas en galego para as festas de Nadal

A publicación supón a colectánea máis extensa deste tipo que desenvolveu a entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Mesa presenta o seu catálogo de propostas en galego para as festas de Nadal

Como xa é habitual nestas datas, A Mesa pola Normalización acaba de presentar o seu catálogo de propostas para agasallar na nosa lingua nas festas de Nadal. A publicación, que se daba a coñecer este 25 de novembro na Casa da Cultura de Vilalba, recolle centos de "libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias" ou alimentos, para alén de dar a coñecer diferentes negocios que apostan polo galego.

A entidade asegura que esta edición do catálogo é a máis extensa e diversa das que se teñen publicado. Segundo lembrou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía".

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Casa da Cultura, Vilalba, Economía

Claves

Lugares