A Mesa presenta o seu catálogo de presentes en galego

A proposta achega centos de produtos na nosa lingua para agasallar nestas festas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Mesa presenta o seu catálogo de presentes en galego

Está xa dispoñible na rede o Catálogo de Nadal 2022 co que a Mesa Pola Normalización Lingüística anima a facer agasallos en galego durante estas festas. A publicación recolle nas súas 64 páxinas centos de referencias, cunha ampla de presenza de libros pero tamén con produtos gastronómicos e de artesanía, servizos de diferentes tipos ou propostas de aloxamentos que empregan habitualmente a nosa lingua.

A publicación, que foi lanzada tamén en formato físico durante a última Culturgal, fai parte do proxecto Abertos ao Galego, co que A Mesa apoia o compromiso coa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Asociacións...