A Mesa edita un catálogo de agasallos en galego

Recolle 16 páxinas de propostas de empresas que empregan habitualmente a nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Mesa pola Normalización acaba de publicar un catálogo de propostas de agasallos dentro da campaña Abertos ao galego, coa que promove o emprego da nosa lingua no medio empresarial. A publicación recolle en 16 páxinas propostas de empresas que se adheriron a esta iniciativa, con produtos que van dos libros ás propostas de decoración, camisetas, alimentación ou complementos. A iniciativa lánzase logo de que se soubese que estas festas non se repetiría o catálogo Agasallo. A desapareceida iniciativa, realizada pola Coordinadora de Traballadores da Normalización da Lingua e mais a Deputación da Coruña, recolleu o pasado ano unha ampla selección de propostas na nosa lingua. A retirada de apoio económico da institución provincial impediu unha nova edición desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña

Claves