A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

O volume presenta produtos culturais, téxtiles ou xogos na nosa lingua

11/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
23 lecturas | Compartido 0 veces

A coincidir coa celebración das festas de Nadal, a Mesa pola Normalización Lingüística presentou na rede o seu xa habitual catálogo con ideas para agasallar na nosa lingua. A publicación achega propostas que van desde libros e discos para todos os públicos ata produtos téxtiles, xogos ou mesmo pintura, alimentos ou aloxamentos. A entidade salienta que "as empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Nós podemos apoialas no noso día a día consumindo os seus produtos e servizos e animando outras persoas a faceren o mesmo".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios