O Concello de Ames, na comarca de Santiago, porá en marcha un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais cos obxectivos de impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o cada vez máis importante tecido produtivo do sector audiovisual no municipio. O 'Ames AudioVisual LAB' xurde dun convenio entre o propio concello e a Deputación Provincial da Coruña, que achega o 80% do orzamento de 200.000 euros co que se creará. O presidente da Deputación, ValentÃn González Formoso, e o alcalde de Ames, Blas GarcÃa, asinaron onte o convenio de colaboración para este fin. 'Ames AV LAB' conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais e de empresas do sector con base no concello amiense, en concreto no polÃgono Novo Milladoiro, como Ficción Producións, Cinemar Films, Zenit Tv, Setemedia, AlfonsÃn DIgital Lab. Nese polÃgono tamén será onde se sitúe este novo proxecto, nas instalacións do Coworking 'A Proa' da rede provincial de espazos de traballo colaborativo.
O programa do 'Ames AV LAB' propón unha oferta eminentemente práctica e dará soporte a un total de 15 proxectos, que serán seleccionados a través dunha convocatoria que se publicará proximamente. Segundo o adiantado desde a deputación, os criterios de valoración da selección terán en consideración buscar a promoción de proxectos diversos e inclusivos. Do mesmo xeito, priorizarase a incorporación daqueles que teñan o idioma galego como lingua vehicular e estableceranse mecanismos que garantan unha representatividade equilibrada de xénero e para a incorporación de persoas mozas menores de 30 anos ao sector. Os destinatarios do proxecto son novos creadores do sector con proxectos non iniciados, en fase de creación ou desenvolvemento, que non teñan data de inicio de rodaxe prevista. Poderán participar curtametraxes, longametraxes, series, documentais de creación ou participativos, narrativas inmersivas e de realidade virtual e outros contidos audiovisuais e de carácter dixital fundamentalmente narrativos, primando o alcance local e provincial. Ademais, 'Ames AV LAB' conta cunha visión internacional en distintos ámbitos, desde a definición de estratexias de distribución e internacionalización adaptadas aos proxectos, ao establecemento dunha rede de contactos e colaboración con festivais, foros internacionais e organismos que contribúan a impulsar a súa produción.
Bolsas para creación audiovisual
Ademais, os participantes poderán optar a unha convocatoria de bolsas que conta con 70.000 euros de orzamento, seleccionando sete proxectos que poderán recibir unha axuda de ata 10.000 euros que deberán destinarse á creación e desenvolvemento da súa proposta. Por outra banda, en cada convocatoria os proxectos apoiados participarán nunha academia denominada 'AV School' na que se desenvolverá un programa formativo que consta de nove dominios: creación e desenvolvemento, produción, posprodución, financiamento e patrocinio, márketing, dereitos, desenvolvemento de audiencias, distribución e comercialización e workshops técnicos. Cada un dos dominios contará cunha serie de obradoiros impartidos por profesionais expertos en la materia.