Aparentemente a apertura do curso 2003/2004 é só unha volta máis no vello ciclo do retorno ás clases. Sen embargo é tamén un intre crucial para o futuro das universidades galegas. A implantación aÃnda en marcha da polémica Lei de Ordenación Universitaria (LOU) e a necesidade de que para o vindeiro ano se mude o actual acordo de financiamento coa Xunta marcan un outubro no que se decidirá o rumbo do ensino superior no paÃs para os vindeiros anos.
Once novas titulacións. Novos centros. Novos proxectos. Menos alumnos. Ata aquà as novidades son as habituais en cada comezo de curso de ensino superior desde hai anos. Sen embargo, neste curso 2003/2004 as tres universidades galegas enfróntanse a retos novos que influirán sensiblemente no seu futuro. As mudanzas no sistema de goberno, contratación e financiamento impostas pola LOU comezan a se aplicar non sen resistencia por parte destas institucións. A isto súmase a necesidade de chegar a un novo acordo coa Xunta para conseguir fondos públicos. Por se fose pouco, A Universidade da Coruña (UDC) enfróntase a unha eleccións nas que se mudará por primeira vez a persoa que ocupa o cargo de rector.
Suspenso en LOU
As tres universidades suspenderon no seu intento de adaptarse á LOU. A Xunta de Galicia considerou que os Estatutos presentados por estas institucións non cumpren cos requisitos da Lei Ordenación Universitaria, coa Universidade de Santiago á cabeza de incumprimentos. Entre outros detalles, as tres institucións vulneran as figuras de profesorado que institúe a LOU, incluÃndo nos estatutos disposicións transitorias que manteñen as actuais categorÃas de ensinantes. Desde as universidades apúntase que con isto pretenden dar un tempo para que o profesorado asociado e contratado poida adaptarse ás figuras que establece a nova lei. Ademais, os estatutos da USC obvian en moitos puntos o papel que a Lei establece para o Consello Social, órgano que incrementa as súas atribucións no novo texto lexislativo. O Claustro da Coruña xa se negou a eliminar a disposición transitoria que mantén as actuais categorÃas de profesores e amosou a súa apertura a negociar coa Xunta este tipo de modificacións pero non a facer desaparecer directamente estas figuras. Os encargados de goberno da UDC sinalan que de facelo terÃan que pechar varias escolas técnicas e universitarias neste curso xa que a maior parte do profesorado é asociado ou axudante.
Pendentes dos cartos
Ademais da Coruña, as outras universidades terán tamén que negociar coa Xunta, desta volta polos cartos. En decembro de 2003 remata o actual Plan de Financiamento que mantén o Goberno Galego coas tres institucións de ensino superior. Este plan, que se puxo en marcha no ano 2000, subvencionaba as carreiras tendo en conta a cantidade de horas que se imparten en cada titulación, os famosos “créditos”. Ademais aportou setenta e oito millóns de euros para infraestructuras. Co remate deste plan queda pendente de elaboración un novo sistema de financiamento, sen que polo de agora se propuxese unha alternativa. Deste xeito non é de estrañar que nas súas alocucións de apertura de curso os rectores pedisen un maior apoio económico para garantir a independencia das universidades. Hai que ter en conta ademais que a Lei de Ordenación Universitaria tamén afecta aos orzamentos destas entidades e que lles esixe un maior esforzo para captar fondos de fontes privadas. A pesar da diminución de alumnos, o rector da Universidade de Santiago (USC), Senén Barro, solicitou máis investimento público “para incrementar a calidade do ensino”. Tamén o rector vigués Domingo Docampo pediu un aumento nos cartos destinados á Universidade e fixou coma obxectivo destas entidades a adaptación ao espacio europeo de educación superior.
A Coruña en loita
Por se todo isto fose pouco, a incerteza sobre o futuro é maior na Coruña. Despois de doce anos de mandato, desde o nacemento da Universidade, Xosé LuÃs Meilán abandonaba o trinta de setembro o seu posto como rector. As eleccións celebraranse a comezos de decembro, e aÃnda está por decidir quen será o candidato dos grupos que ata o de agora apoiaba ao histórico rector. Varios nomes soan nestas filas e témese que a aparición de distintos candidatos divida os votos. Ata a data das eleccións Alfonso Barca ocupa o cargo de rector en funcións, e mentres, desde a oposición xa o teñen claro e o dÃa 29 presentaban a súa opción, o decano de Informática José LuÃs Barja, será quen mida as súas forzas co candidato da continuidade.
Novas carreiras novos proxectos
Coas eleccións que esixe a LOU xa realizadas no pasado curso, as universidades de Santiago e de Vigo teñen coma retos a instalación de novas titulacións, unha ampliación de oferta que tamén afecta á Coruña. Comunicación Audiovisual, EnxeñerÃa Técnica de Telecomunicacións ou Turismo son só tres da once carreiras que botan a andar este curso nos tres campus. Sobre a mesa está ademais outro tema importante ao que se referiu especialmente o rector Vigués Domingo Docampo na apertura do curso académico. Tanto as universidades galegas coma as españolas teñen ata o ano 2010 para axeitar os seus planos de ensino ao modelo europeo, coordinando a duración e os temarios das carreiras. O traballo que queda por diante é realmente intenso, e tal e como apuntou Senén Barro na súa alocución de apertura do curso da USC “Veñen tempos difÃciles, pola necesidade de cambiar e polas consecuencias que traerá o cambio, algunhas certamente duras e difÃciles de asumir”.