No medio dos anos 60 un antropólogo dinamarqués, Gustav Henningsen, realizou o traballo de campo para a súa tese de doutoramento na comarca de Ordes. Nos últimos anos, o material dese estudo está a ser redescuberto e a dar pé a toda unha serie de iniciativas culturais no noso paÃs. Exposicións fotográficas, libros, propostas musicais ou mesmo unha obra de teatro amosan o potencial dun legado longamente esquecido.
En 1964 un mozo danés mudábase á comarca de Ordes coa súa familia para facer o traballo de campo do seu doutoramento en antropoloxÃa. Desde alà desenvolveu, ata 1968, un intenso traballo de campo na procura das prácticas de maxia e bruxerÃa que continuaban vivas no lugar. A súa investigación levouno por diferentes aldeas e romarÃas do paÃs, e na procura de testemuños compilou unha grande cantidade de rexistros sonoros, fotografÃas e notas sobre os máis diversos temas. Aquel material permaneceu inédito e conservado nun museo de Dinamarca ata que, na altura de 2009, o Instituto da Lingua Galega entrou en contacto cos rexistros sonoros daquela investigación. Foi entón que os fondos de Gustav Henningsen voltaron a ter un papel na cultura do noso paÃs.
Desde aquela, as fotografÃas galegas deste antropólogo, que chegou a ser referencia internacional no estudo da inquisición española, protagonizaron catro exposicións e dous catálogos no Museo do Pobo. Desde aCentral Folque deron a coñecer ese traballo visual e o patrimonio musical contido naquelas gravacións en senllas publicacións, e o pasado mes de outubro Chus Pato combinou poesÃa coas imaxes etnográficas do investigador nun espectáculo ao vivo. Desde este mes de novembro unha ducia de concellos, na súa maior parte da Coruña, acollen a proposta A ollada de Gustav. Este proxecto multidisciplinar integra teatro, exposicións, regueifa, e música tradicional co traballo de Henningsen como eixe.
Levar a etnografÃa a escena
O xermolo desta iniciativa está na obra teatral Relato para un incendio, que recupera dun xeito moi particular a obra deste investigador a partir do texto co que Ernesto Is conseguiu 2021 a primeira Bolsa de Dramaturxia e Creación que convocou o Centro Dramático Galego. Segundo explica lembra Xosé Leis de Aantena Teatro, director da obra, "este proxecto de teatro documento abrangue tres liñas argumentais". Por unha banda, a montaxe aborda "a única condena en firme pola vaga de lumes que asolou Galicia en 2016, que se aplicou a unha muller". A partir deste feito, o autor "enfoca a trama desde a perspectiva da bruxa e da muller como sÃmbolo do mal, unha imaxe que se imbrica co cinema do director C.T. Dreyer", outro danés que abordou esta figura en pezas como Dies Irae ou Xoana de Arco. En relación a isto, na montaxe "entra Henningsen, que estivo a facer a súa tese de doutoramento sobre bruxerÃa en Irlanda, España e Dinamarca". O proxecto parte da pregunta "Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha galega queira reducila a cinsas?". Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez levan a escena este proxecto.
O antropólogo no teatro
Na obra, o antropólogo danés aparece como un personaxe máis, e Aantena representa sobre as táboas catro fragmentos das gravacións que realizou no noso paÃs. "Interprétao Manu Fernández, a facer acento danés, e recréanse as entrevistas a persoas que lle falan da bruxerÃa, de ritos e de mitos. Os diálogos son transcricións directas, só se muda o xénero dalgún personaxe" para o adaptalo ao dos membros do elenco. Fóra disto, "tentamos respectar as palabras orixinais das gravacións, pero tamén os silencios, os tons, os subtextos, as emocións ou se os informantes están nerviosos". Con isto, segundo explica Leis "queremos facer unha homenaxe a todas as persoas que representamos. Esta era a parte máis sensible da proposta, quixemos esquivar certos tons costumistas, reivindicar a tradición e a identidade rural".
VÃdeos de Relato para un incendio no Youtube de Aantena
Xulgar a bruxa
Canda a isto, na obra "dáse un salto temporal cara á época dos lumes. Aà configuramos esa figura feminina, real, como se estivésemos no xuÃzo dunha bruxa. Non se trata de defendela, senón de pór en cuestión que sexa esta muller a única cunha condena en firme e toda a cobertura mediática que se lle deu, mesmo a nivel estatal. Preséntase como un cuestionamento que se deriva ao espectador, que debe responderse a si mesmo e sedimentar o que ve", explica o director. "Hai elementos da nosa sociedade que están aà e que temos que explorar para nos deconstruÃr. Nun caso como este poden se ver cousas que están instaladas no noso inconsciente".
A ollada de Gustav
A partir da obra desenvolveuse o proxecto A ollada de Gustav. "Cando estreamos a obra", na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia de 2022, "vimos que trataba moitos temas. O medio ambiente, a postverdade, a identidade, a igualdadeÂ… Era algo que reclamaba non tanto unha explicación pero si un acompañamento de elementos que poidan facer máis claro o que se presenta sobre as táboas". A liña de axudas Territorio Cultura, orientada a concellos de menos de 5.000 habitantes presentóuselle a Aantena como unha oportunidade para desenvolver este proxecto. "Encaixaba coa proposta moral da iniciativa. A idea era chegar a estes lugares onde non hai moitas accións culturais para levar elementos da súa propia tradición a achegar algo novo". Deste xeito, once concellos da Coruña e mais o lugués de Palas de Rei acollen desde o comezo de novembro as actividades desta iniciativa. Ademais da obra, o proxecto inclúe unhas das exposicións de fotografÃas do Museo do Pobo, que se poderá en MesÃa e Vilasantar, obradoiros de regueifa da man de Lupe Blanco, conferencias sobre "Figuras de muller nos contos galegos" de Camiño Noia, e o roteiro de coñecemento de plantas "Etnomedicina popular" de MarÃa Moure fan tamén parte o proxecto. Relato para un incendio poderá verse en xaneiro no marco desta iniciativa, en DumbrÃa (dÃa 22) e Rois (29), e en febreiro no Pino (dÃa 10) e Boqueixón (12). Ademais, ten previstas funcións en Lugo (8 de decembro) e Compostela (13 e 14 de xaneiro) a iniciar unha xira que se prolongará na primavera.
As foliadas
Dentro de A ollada de Gustav, a Asociación Cultural Raigañas encárgase de desenvolver unha tres seráns nos que recrearán algunhas das pezas musicais que recolleu este antropólogo. AÃnda que a proposta deste espectáculo veu de Aantena teatro, o colectivo xa incorporara ao seu repertorio varias pezas que fan parte deste legado e que coñeceran polo libro de aCentral Folque Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968, publicado en 2017. Para os seráns, a partir do material recollido nesta obra "fixemos unha selección variada. Para facer unha actuación amena", explica Mar da Bouzas desde esta asociación. Nestes espectáculos, que inician a súa andaina o vindeiro 17 de decembro em MesÃa, "non só se canta, tamén vai o grupo de gaitas, que interpreta algunha peza instrumental, hai recitados, os xogos do capón e do pico pico e represéntase tamén un desafÃo". As actuacións van acompañadas dunha breve explicación sobre a figura de Henningsen e o seu traballo.
Gravacións únicas
Encol da singularidade do legado musical compilado por Henningsen, Mar da Bouzas destaca que "En moitas recollidas que se teñen feito falta esa base de explicacións que se atopa aquÃ. Polo xeral non se facÃan preguntas tan exhaustivas como as de Henningsen, que afonda moito en todo o que era a música desta zona. Aquà ás veces falta ese traballo de base de falar coa xente que interpreta as pezas e nas gravacións e que fai entender como vivÃa e como traballaba esta xente, como desfrutaban e para que servÃan os cantares. E isto paréceme que é o diferencia doutras recollidas que temos". No mesmo sentido se manifesta Xabier Groba, coautor con Sergio de la Ossa de Gustav Henningsen: gravacións musicais en Galiza 1964-1968. "A diferenza doutros traballos similares que teño feito, neste caso puiden falar co responsable da recollida, porque aÃnda vive, e puido achegar comentarios e os seus propios recordos sobre as gravacións". Boa parte da importancia deste legado reside no momento no que se realizaron os rexistros que o compoñen. "Hai moi poucas gravacións desta época" lembra Groba. "É un momento no que comezaban a mudar os hábitos musicais, coas primeiras orquestras ou unha multiplicación dos tocadiscos. En moitos lugares seguÃan a se facer seráns pero non quedaron gravados. Non habÃa musicólogos nin ferramentas técnicas para o facer. As poucas persoas que se interesaban pola música tradicional tiña que empregar papel pautado e tomar notas, non habÃa outro xeito".
Un achado inesperado
Segundo lembra Groba, cando desde a editora os contactaron para traballar sobre este material "atopamos un verdadeiro tesouro inesperado". Os dous autores, cun amplo coñecemento sobre as recollidas que se realizaron sobre o noso folclore musical sinalan que "ninguén sabÃa absolutamente nada deste traballo" neste ámbito. Atopar música no medio de entrevistas nunha investigación sobre bruxerÃa pode resultar curioso, e é que, "nas gravacións saÃa a música en calquera momento, no medio dunha entrevista", lembra Groba. Henningsen "mesmo sen ser musicólogo gravou música porque lle deu a gana. Era algo que lle parecÃa interesante, que estaba vivo e que no seu paÃs quedara relegado a museos". Da perspectiva coa que Henningsen se achegou á música galega, Groba destaca o feito de que o antropólogo contou "cunha ollada sen prexuÃzos, limpa. Non se trata dun etnomusicólogo que vén con estudos previos e sabe o que é unha muiñeira ou unha gaita. Ou que procura un toque concreto de gaita ou pezas arcaicas, como era o caso e Dorothé Schubarth. A el dáballe igual, vÃa xente que o pasaba ben e unha música que estaba viva, que non era allea á propia cultura. Non tiña reparo en se algo era moderno ou antigo, se cantaban en galego ou en castelán".
Sons singulares
Logo do repaso da totalidade de gravacións, 107 horas, localizáronse 10 horas e 45 minutos dedicadas á música galegas. Destas saÃu, coa colaboración do propio Hennginsen, unha selección de "40 principais" (nas súas palabras) das que 38 pezas finalizaron no libro-CD. Dentro dos temas que seleccionaron para a súa obra, Groba destaca que "hai tres ou catro pezas gravadas a galegos de etnia xitana que son impresionantes. Son temas galegos, pero que presentan peculiaridades no xeito de cantar ou unha técnica incrible no xeito de tocar as culleres". A gravación saÃu dunha tarde que Henningsen botou con esta xente á que querÃa entrevistar sobre as súas técnicas de adiviñación. Outras das pezas recollidas saen dun serán que o etnólogo rexistrou. "Dinlle que hai festa nunha casa, achégase e atopa un serán, coa mocidade a facer festa con pandeiretas e baile. Alà hai xente a namorar, a facer parvadas, algúns a buscar pelexa, e ao comezo flipan bastante con el. Pero como bo investigador, ten unha grande capacidade de inmersión e ponse axiña a gravar e a tirar fotos. Hai imaxes con esas mulleres con caras de felicidade e marabilla arredor do gravador, vense como obxecto da atención dun profesor estranxeiro, que ademais de as gravar déixalles que se escoiten a cantar. Esa sesión en concreto é marabillosa porque percibes como está viva a música, ata hai un desafÃo entre varias rapazas, pero vese que non é algo fosilizado". Canda a isto "hai toques de campás, como un que se empregaba polas ánimas, o de horas ou de defuntos, algo máis curioso. Gravou tamén un home a tocar a harmónica, pezas da tradición de mineiros propias de Asturias e do Bierzo, xogos como o 'pico pico mazarico', unha mostra das treboadas de miñotas... hai cousas arcaicas e outras moi modernas". A falta de formación especÃfica tamén fixo que o investigador deixase atrás tesouros. "Entrevistou a Saturniño CuÃñas pero non chegou a gravalo a tocar a zanfona. SerÃa incrible contarmos hoxe con ese rexistro", explica Groba.
Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 Acentral Folque 2017.
Única gravación coñecida de mulleres de etnia xitana cantando e tocando música tradicional galega.

Pasodobre interpretado a voz e harmónica. Henningsen rexistrou as primeiras gravacións deste instrumento aplicado á música tradicional galega.
A maiores destas iniciativas, unha nova proposta discográfica a partir do legado de Henningsen está a tomar forma. O grupo Os Viqueiras de Ordes desenvolve un proxecto a partir de fotografÃas tomadas polo etnógrafo nesta zona e de recreacións actuais das mesmas. As imaxes acompañaranse de temas musicais de conxuntos da comarca, a incluÃr a interpretación de pezas recollidas por Henningsen.
Conexión ILG
Para alén do interese sonoro, o traballo de Henningsen posúe tamén importancia a nivel lingüÃstico, como verifica o proxecto de transcrición e clasificación que abordou o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago sobre o material do danés. Esta iniciativa, primeira en recuperar para a nosa cultura o legado do antropólogo, comezou en 2009. Segundo lembra Xulio Sousa, o seu responsable, o contacto con este material "deuse a través dunha colega de Cataluña, que estudaba variantes do español por toda a penÃnsula e a quen o propio Henningsen lle ofertou as gravacións", que ao estar en galego non lle resultaban de interese. A partir de aà a entidade púxose en contacto co investigador para conseguir unha copia dixitalizada do material, cuxos orixinais están custodiados nun museo etnográfico de Dinamarca.
O interese lingüÃstico
Segundo lembra Sousa, "Non hai moitas gravacións de galego, sobre todo rural, anteriores aos anos 70, polo que tiñan moito interese. Hai gravacións de conferencias ou de xente a contar contos nos anos 30, pero rexistros de campo coma estes non. AÃnda que restrixida xeograficamente, é como unha fotografÃa de como se falaba nese momento concreto". Dentro do material, "hai partes que tamén amosan fenómenos do castelán de Galicia de daquela estaban vivos e hoxe xa desapareceron por efecto da castelanización crecente, sobre todo no ensino". Nos fondos sonoros tamén se poden atopar curiosidades como un dos exorcismos que se realizaban na romarÃa do Corpiño, cos berros dunha das endemoñadas, nun documento pouco común. Desde o ILG teñen pendente conseguir financiamento para continuar o traballo con este legado. Completar as transcricións Ãntegras das gravacións ou editar os contos populares contidos nas mesmas son algunhas das cuestións que apunta Sousa neste sentido.
A existencia dunha copia dixital destes fondos no ILG axiña chegou ao sector da música tradicional do paÃs. "Comezaron a nos contactar persoas para acceder a estes materiais, e como nós non temos estrutura para facilitar esa consulta, contactamos do Museo do Pobo para que tivesen unha copia e se encargasen eles desa parte". Comezou entón a fecunda relación desta institución co legado de Henningsen, que abordaremos nunha vindeira reportaxe.
Zona da Zanfona
A edición do ano 2018 do festival Zona da Zanfona, coordinado por aCentral Folque publicou unha serie de vÃdeos nos que se interpretan varias pezas das recollidas por Henningsen.

A raÃz do toxo verde. Coles (?) (fragmento)
Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 Acentral Folque 2017.
Única gravación coñecida de mulleres de etnia xitana cantando e tocando música tradicional galega.
Teño lanchas, teño remos. MuxÃa (fragmento)