O Diario Oficial de Galicia deste 23 de novembro publicaba a Declaración de Impacto ambiental pola que a ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dá luz verde ao proxecto do parque eólico de Felga, no Monte do Gato. Esta declaración é o principal trámite que tiña pendente o proxecto para a súa autorización final.
A autorización deste departamento da Xunta esixiu varias modificacións do proxecto orixinal para que este non afectase a unha necrópole megalÃtica situada na zona. Do mesmo xeito, reclamou tamén medidas especÃficas para protexer a flora e fauna da contorna do impacto das obras de dos muÃños.
Deste xeito, eliminouse un dos cinco aeroxeradores previstos inicialmente e mudou a localización do acceso ao parque para evitar afeccións patrimoniais. Ademais, a autorización demanda á empresa que proxecta a instalación que poña en valor a necrópole e que tome medidas especÃficas para preservar camiños históricos e muros tradicionais. Os traballos de construción deberán contar con seguimento arqueolóxico.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informara de xeito negativo o proxecto inicial do parque ao considerar que afectaba aos restos arqueolóxicos presentes na área. A construción do parque nesta localización, entre os concellos de Coirós, Oza-Cesuras e Aranga, espertara tamén unha forte oposición social polo seu impacto patrimonial.