O lema "Galicia é infinda", debido ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, presidiu o acto de comunicación do ditame da XLVª edición dos Premios da CrÃtica de Galicia, que tivo lugar este sábado na sede de Afundación de Vigo. Alà os diferentes xurados das modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e CientÃficas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica, compostos por ata 56 persoas, fixeron públicas as súas decisións.
No relativo ao reparto dos galardóns, foron moitos os que se decidiron por unanimidade e algúns deles por maiorÃa do xurado. Entre estes últimos estivo o Premio de Creación Literaria que foi, por maiorÃa do xurado, para o escritor Manuel Rivas, coa novela 'O que fica fóra' (Apiario, 2021). Entre o resto de finalistas deste premio estaba tamén 'As malas mulleres' (Galaxia 2021) de Marilar Aleixandre; 'O cervo e a sombra' (Xerais 2021) de Diego Ameixeiras; 'Palmeiras, piueiros' (Chan da Pólvora 2021) de Anxo Angueira. Na modalidade do galardón de Investigación tamén a decisión final do seu correspondente xurado tomouse por maiorÃa resultando gañadora a a obra 'A figuración galega en Irlanda (1840-1936): De Imaxe especular a modelo frustrado' (Laiovento, 2021) de Xavier R. Madriñán, unha análise "detallada e imprescindible", segundo o xurado, de como Irlanda pasou de ser un referente na construción nacional para o galeguismo a un modelo de inspiración cunha función meramente retórica na Xeración do 16. Tras as derradeiras deliberacións, o xurado da modalidade de Artes Plásticas tamén tomou a decisión por maiorÃa de outorgar o premio a Mónica Alonso. O xurado salientou de Mónica Alonso o excelente traballo de toda a súa careira, a reflexión sobre a cor como forma de comunicación entre seres humanos, e neste ano premiado 2021, a súa exposición «A maxia do colibrÃ, 6 casos desesperados» no Marco de Vigo, o comisariado da mostra «Cor e sentimentos» sobre Manuel Colmeiro, na Fundación LuÃs Seoane na Coruña e a súa participación na exposición colectiva «Galicia Futura» no Museo da Cidade da Cultura de Galicia no Gaiás, en Santiago de Compostela.
Cinco premios unánimes e unha mención especial
Nos outros cinco premios desta edición os diferentes xurados de cada modalidade chegaron unanimidades nas súas decisións. Foi o caso do premio de Iniciativas Culturais e CientÃficas 2022 que foi para a "Investigación do PaleolÃtico das Serras Orientais A Cova de Eirós", unha iniciativa cultural e cientÃfica desenvolvida polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste. ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio do departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén o nome de Ugia Pedreira acadou a unanimidade do xurado do premio da música desta edición. O xurado salientou de Ugia Pedreira a súa traxectoria creativa, interpretativa e formativa como cantora de raÃz mariñán que desenvolveu un proxecto artÃstico alternativo vencellado coa propia terra. Co aniversario do afundimento do Prestige no calendario, houbo tamén voto unánime do xurado das Artes escénicas ao decantarse por premiar a N.E.V.E.R.M.O.R.E de Chévere teatro. O xurado salientou "a honestidade e sinestésica maneira de recuperar un dos episodios máis negros da nosa historia recente", na súa decisión de outorgar o premio á compañÃa, da que se d que "reforza en N.E.V.E.R.M.O.R.E a súa liña pioneira de teatro documento, do teatro sociopolÃtico con grande impacto social, causando sempre a plena comuñón co público".
O xurado da XLV edición dos Premios da CrÃtica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica premiou nesta ocasión, tamén con acordo total, a MarÃa Varela como cociñeira de A parada das bestas, na Ulloa, como "modelo de referencia que ten que ser recoñecido pola camiño percorrido". Completando o palmarés deste ano, a distribuidora cinematográfica Atalante, creada por Ramiro Ledo, Diana SantamarÃa e Pedro Vilas acadou tamén o acordo do xurado ao completo na modalidade de Cine e Artes Audiovisuais. O xurado salientou de Atalante o seu labor de distribución de traballos fÃlmicos con carácter independente que grazas a esta empresa contan coa existencia dunha versión orixinal subtitulada ao galego nas copias distribuÃdas, de acordo coas polÃticas de diversidade europea, "sendo neste ámbito unha das promotoras asociativamente destacada na defensa dos dereitos lingüÃsticos e culturais", aseguran. Ademais desta designación, o xurado desta modalidade quixo tamén facer unha mención especial, fóra dos finalistas, ao falecido actor Pedro Brandariz, "alguén que entendemos explicaba e dignificaba en si mesmo o termo comediante, o seu oficio. Intérprete triunfal dun filme póstumo, Jacinto de Javier Camino, o seu carácter dinamizador e versatilidade, fundamentalmente expresada tamén a través da docencia e no espazo escénico, merecen esta homenaxe", aseguran na acta.