Eloy Domínguez Serén estrea hoxe en Xixón "Al otro lado del mar"

A longametraxe amosa súa correspondencia fílmica co cineasta colombiano Samuel Moreno

A longametraxe amosa súa correspondencia fílmica co cineasta colombiano Samuel Moreno
O filme "Al otro lado del mar", asinado a dúas mans polo galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno Álvarez fai hoxe a súa estrea mundial no 60 Festival Internacional de Cine de Xixón. A película, que participa na sección oficial 'Tierres en trance', xa tivo hoxe un pase restrinxido ás 9 da mañá para prensa e persoal acreditado e terá a estrea oficial ás 19:30 horas en OCine. En "Al otro lado del mar" Eloy Domínguez e Samuel Moreno amosan a correspondencia fílmica que mantiveron entre ambos ao longo de tres anos e cada un desde a súa terra de orixe, Galicia e Colombia. Estas cartas filmadas amosan as reflexións compartidas entre eles así como a súa amizade sostida pola loita en común contra a soidade. Cargadas de pouso teórico , nelas ambos cineastas amósanse accesibles e abertos, confesionais e achegados.