Comezan os traballos para a posta en valor do mosteiro de San Xoán de Camba

Realizaranse tarefas de limpeza, documentación e investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Visita do delegado territorial da Xunta ao mosteiro. Foto: Xunta

Visita do delegado territorial da Xunta ao mosteiro. Foto: Xunta

Cando un visita a igrexa de San Xoán de Camba, en Castro Caldelas, non é doado reparar en que estamos ante un importante cenobio altomedieval. O mosteiro, fundado no século X, era dúplice, como moitos da Galicia dese tempo, é dicir, tiña unha comunidade de homes e outra de mulleres, pero da súa antiga gloria medieval sobrevive pouco. A igrexa é dos séculos XVI-XVIII, e a antiga reitoral está en ruínas e ata agora chea de vexetación. Porén, consérvanse algúns importantes relevos figurativos altomedievais e na sancristía subterránea do templo apareceron sepulcros antropoides e moedas romanas de época tardoantiga. Un proxecto da Consellería de Cultura da Xunta, por valor de 15.000 euros, comezou agora os traballos para a recuperación deste espazo. O orzamento inclúe a limpeza de vexetación e residuos, un peche perimetral de madeira e diversas tarefas de documentación, como modelos tridimensionais, baleirado documental ou inventariado dos elementos singulares conservados in situ, así como a divulgación na comunidade local do monumento. Segundo a Xunta, o obxectivo é "favorecer a súa conservación e documentación de cara a unha futura posta en valor deste recurso que supón un gran atractivo turístico e patrimonial".

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Xoán, Documental, Mulleres, Moedas...