Desde o "Castellanos de Castilla / tratade ben os galegos..." de Rosalía de Castro, a literatura galega ten dedicado numerosas páxinas ao fenómeno da emigración, as súas causas, sucesos e impacto na nosa sociedade. E ese gran relato deixou unha imaxe forxada a partir dos textos clásicos de finais do XIX e da primeira metade do XX, que narraban sobre todo a experiencia americana. Porén, a emigración continúa a existir. E novas voces asumen o desafío dunha nova diáspora galega que aínda comeza a ter voz. Así o debaten hoxe expertos e escritores na xornada 'Narrativas da diáspora galega' que se celebra no Consello da Cultura Galega.
"Por suposto segue habendo novas vagas migratorias galegas", destacou a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, durante a presentación destas xornadas nas que participan autores como Xesús Fraga, Anna R. Figueiredo ou académicos como David Miranda-Barreiro, Ana Garrido ou Helena González, entre outros. As xornadas abordan a idea de como os novos autores galegos, moitos deles vinculados biograficamente coa propia emigración ou participantes dela, narran a experiencia.
"A literatura da emigracion é unha resposta da comunidade ante un fenómeno asoballante", explica a profesora da USC Dolores Vilavedra, que abriu as xornadas cunha conferencia sobre "A narrativa galega e as novas diásporas: claves de lectura e desafíos pendentes". Vilavedra destacou que en moitos casos a literatura é un "laboratorio no que os textos reflicten os cambios culturais e que por iso teñen un valor prospectivo. A literatura da emigración permite encher as lagoas existentes nas achegas sociolóxicas ou históricas a estas novas diásporas".
Para Vilavedra, algúns dos desafíos pendentes desta narrativa da nova diáspora galega está en que crea unha nova oportunidade "para que a literatura conte a emigración desde preguntas contemporáneas". Entre estes desafíos estaría a "superación do marco biográfico" de moitas desas narracións e tamén diversificar a abordaxe temática e identitaria "compensando o poder totalizador da nacionalidade galega sobre outras identidades locais ou de xénero, por exemplo". ç
Poéticas da expulsión
David Miranda-Barreiro, da universidade galesa de Bangor, aludiu na súa intervención ás 'poéticas da expulsión', como un dos fíos que conecta a obra dun conxunto de autoras que viviron na súa propia biografía o factor da emigración e que comparten marco xeneracional. No seu artigo publicado na revista Humanities "Poetics of Expulsion in UK Narratives of the New Galician Diaspora", Miranda presta atención ao Reino Unido e, sobre todo, Londres, como o destino máis habitual dunha mocidade galega que marcha, en gran medida, cuns niveis educativos moi diferentes aos dos seus ancestros tamén emigrantes. "As personaxes de escritoras como Alba Lago, Anna R. Figueiredo, María Alonso e Eva Moreda expresan ira e frustración como un xeito de denunciar a precariedade da situación e as condicións materiais que as levaron a marchar de Galicia". Nestes textos literarios, emigración xa non é a única palabra. No libro Os bicos feridos de Anna R. Figueiredo, fálase abertamente desta diáspora como 'desterro' e 'exilio'. En moitos deles, a partida é o incumprimento da promesa e dunha parte do contrato por unha das partes.