A proposta gastronómica do festival Portamérica de Caldas - Portas volveu sair triunfadora do certame que recoñece as excelencias acadadas cada ano polos centos de festivais profesionais que se levan a cabo en España. O "showrocking" do evento galego non é novo recollendo este premio desde as primeiras edicións do galardón. Neste ano, ademais o festival, que fixo unha das súas edicións máis largas e presentando plenamente a súa nova proposta na zona da azucreira de Portas, no lÃmite con Caldas, ve apoiada esta nova xeira coa recollida do Premio a Mellor Festival de Mediano Formato do territorio español en 2022. Os premios entregáronse onte á noite en Bilbao, nunha gala en paralelo ao congreso BIME, da música. JoaquÃn (Kin) MartÃnez, da empresa Esmerarte, responsable do evento galego subiu a recoller ambos premios. 17° Ribeira Sacra e O Son do camiño tamén eran finalistas nalgunhas categorÃas, só o primeiro acadarÃa un premio no certame, o de Mellor Activación de Marca. (Información actualizada)