O Festival de Cine de Ourense (OUFF) clausurou esta 27ª edición entregando os premios da sección oficial e o resto do palmarés competitivo e dando a coñecer os Premios Xacobeo e Premio do Público. "A mazá de ouro", filme co que o realizador Jaime Chávarri volveu á dirección de cine tras case dúas décadas de ausencia, foi o designado para recibir o Premio Xacobeo á mellor produción galega. O filme puido verse nun pase especial no mesmo día da gala de peche. Pola súa banda o público do OUFF decantouse tamén por unha produción galega para outorgarlle o seu recoñecemento, neste caso polo novo filme de Ángel de la Curz, 'O home e o can', que se estreou no certame ourensán.
'A mazá de ouro' ten as súas localizacións no Pazo de Bentraces e noutros lugares próximos da provincia. A historia está baseada na novela "Ávidas pretensiones", de Fernando Aramburu e a cinta está protagonizada por actores e actrices como Adrián Lastra, Elena Seijo e Abelo Valis ou Marta Nieto, Sergi López. Narra a historia dun invitado inesperado que desestabiliza as xornadas poéticas que cada ano reúne nun illado convento do noroeste peninsular a distintas tendencias da poesía española. Mentres os poetas escriben e recitan na procura dun premio dourado, unha sospeita de plaxio, a loita por participar nunha futura antoloxía, a irreverencia dun rapeiro, o aniversario dun poeta centenario e outras situacións máis acabarán por rematar nunha noite de treboada, logo do triunfo inesperado dunha nova estrela feminina da poesía contemporánea. Nesta edición do OUFF o director jaime Chávarri foi tamén obxecto de recoñecemento co premio honorífico Calpurnia de Honra desta edición.