Un proceso de consulta pública marcará o inicio dos trámites para a elaboración da futura Lei de Cultura Inclusiva. O Consello da Xunta aprobaba este 29 de setembro a posta en marcha do proceso administrativo para o novo texto legal, que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou como "pioneiro en Europa". A lei pretende "impulsar o acceso e a participación activa na cultura sen barreiras" e "facilitar a creación e xeración de produtos e o acceso e consumo cultural".
O proxecto lexislativo procurará tamén conciliar a cultura "coa realidade de colectivos en risco de exclusión social, afondará na redución da fenda dixital e no impulso da cultura nos eidos rurales" segundo adianta a Xunta. Para Rueda, "un aspectos máis destacados desta nova lei é que abarcará as dúas direccións de relación das persoas coa cultura, tanto na vertente creativa e xeradora de produtos e servizos culturais, como a vertente de acceso e consumo destes produtos e servizos".
Co novo texto procurarase que as administracións públicas teñan en conta a estrutura territorial do paÃs na súa planificación cultural de xeito que se cubran as áreas rurais. En particular procurarase unha maior participación de colectivos que "polas súas caracterÃsticas, teñan máis dificultades para participar activamente nas actividades de creación cultural".
De cara a concretar as necesidades a atender, a Xunta desenvolveu nos últimos meses sete reunións con medio cento de entidades sociais. Na mesma liña, o Goberno lembrou o traballo que o Centro Dramático Galego está a desenvolver con propostas de teatro inclusivo nas súas funcións.