Un pequeno fragmento de material masivo, microgranular e de ton case branco supón a primeira mostra de ermeloíta rexistrada no mundo. Un equipo da Área de Infraestruturas de Investigación da USC da Universidade de Santiago de Compostela descubriu este novo mineral no monte Ermelo, en Moaña, segundo informou a institución académica.
A International Mineralogical Association (IMA) recoñeceu o novo mineral, a establecer como a súa localidade tipo o Monte Ermelo e o exemplar tipo, que establece o patrón das características do mesmo, o analizado na USC. Este é o cuarto mineral que se descobre e Galicia, logo da morenosita, a cervantita e a bolivarita, que se atoparon no século XIX.
Aínda que o escaso tamaño da peza localizada dificulta polo momento determinar posibles aplicacións do material, a súa descuberta pode facilitar a localización de novas mostras do mesmo noutras formacións xeolóxicas do mundo.
José Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez e Manuel Cerviño foron os responsables de extraer a mostra, mentres Inés Fernández Cereijo e Guillermo Zaragoza Vérez encargáronse das análises de difracción de raios X de policristal e monocristal coas que verificaron o se tratar dun mineral non rexistrado ata o de agora.
A peza someteuse ademais a unha análise complementaria de elementos químicos en colaboración cos investigadores José González del Tánago e Ramón Jiménez Martínez da Universidade Complutense de Madrid e do Centro Nacional Instituto Geológico y Minero de España -CSIC, respectivamente.