Os arqueólogos volven ao campamento romano de Penedo dos Lobos

Os arqueólogos avaliarán a acción dos furtivos que espolian o xacemento con detectores de metais

6/9/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
49 lecturas | Compartido 0 veces

Foto: romanarmy.eu

Un equipo arqueolóxico do colectivo romanarmy.eu está xa a traballar no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense) co obxectivo de coñecer en profundidade a estrutura defensiva deste recinto militar de campaña, é dicir, dun asentamento non estable dun continxente militar en movemento. A fortificación conta cunha singular muralla en pedra e conserva as catro portas ao recinto, e os científicos están a traballar como foi construída. O que facía un grupo de 300 militares romanos a máis de 1.400 metros de altitude é difícil de saber, pero os materiais localizados na primeira campaña de 2018 situaban a construción do campamento no contexto cronolóxico das Guerras Cántabras (29 a.C. - 19 a.C). A intervención, promovida pola Universidade de Salamanca coa dirección científica do profesor desa universidade José Manuel Costa e João Fonte, da Universidade de Exeter, e a dirección técnica de Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos), tamén está a explorar o impacto das accións furtivas de saqueo do xacemento por parte de detectoristas de metais. Estes foron vistos no xacemento en varias ocasións e a metade de campaña, todo parece indicar que esta práctica ilegal tivo un forte impacto no rexistro arqueolóxico, facendo desaparecer obxectos e información de contexto. A intervención arqueolóxica está financiada por Turismo de Galicia coa colaboración do concello de Manzaneda e o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.


Universo culturagalega.gal

02/06/2021

Unha testemuña da primeira guerra

Datan o campamento de Lomba do Mouro, entre Galicia e Portugal, no tempo das primeiras expedicións militares romanas a Gallaecia

28/05/2021

Sorpresas baixo o noiro

Os arqueólogos documentan o carácter defensivo de Alto da Raia e a existencia dunha inagardada fase anterior

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manzaneda, Turismo, CSIC, Tempos Arqueólogos...