As rÃas da Mariña seguen a revelarse como un dos máis importantes lugares para o patrimonio mergullado da nosa comunidade e a arqueoloxÃa subacuática. Segundo o Plan de ArqueoloxÃa Subacuática desenvolto en 2008, existen en Galicia 475 depósitos e lugares que teñen interese neste sentido. A campaña arqueolóxica no porto de Ribadeo vén de descubrir un achado excepcional que, segundo os investigadores, permite por primeira vez vincular o mito da tumba do apóstolo a un elemento material de transporte empregado na peregrinación a Santiago de Compostela. Segundo se comunicou, trátase dunha peza lonxitudinal de madeira labrada en forma de L, que estaba profundamente incrustada no sedimento e que é parte dunha barca medieval de pasaxe que terÃa a súa base en Ribadeo, aÃnda que non se descarta que pertencera á ribeira asturiana. Os estudos determinan ademais que se trata en concreto de todo o costado e o pantoque da embarcación e que foi construÃda entre os anos 1050 e 1260 da nosa era. Era utilizada para cruzar a rÃa en lugar de facer un rodeo ata Vegadeo ante a ausencia de pontes.
Historia
O porto de Ribadeo foi canle de entrada de peregrinos debido á súa vinculación a San Julián o Hospitalario e á creación dun hospital para atendelos. Na 'Légende de Saint Julien', escrita cara a 1260, Julián aparece como peregrino a Santiago e outros santos lugares tras escapar da súa casa en Angers. É precisamente a este momento ao que corresponde a datación obtida polos análises de carbono 14 realizados. O atractivo das lendas no Camiño fixo aumentar a ruta de peregrinación por este punto da costa. Ademais en setembro de 1260 fÃxose unha doazón para, entre outros fins, establecer un barqueiro en Ribadeo que dese paso gratuÃto na rÃa, facilitando asà o barqueo neste punto. A campaña arqueolóxica na rÃa de Ribadeo, que dá continuidade a outras realizadas con anterioridade, está promovida pola ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Conta co apoio e colaboración do Institute of Nautical Archaeology, Texas; Texas A&M University; Concello de Ribadeo; Trinity Saint David University, Wales; Maritime Archaeology Trust UK; Armada Española; C.A.S. Costa Lugo; Real Club Náutico de Ribadeo; Real Liga Naval Española; Federación Gallega de Actividades Subacuáticas. Parte da documentación que apoia a investigación débese ao ribadense Alberto Paraje.
CaracterÃsticas
A peza atopada está tallada con ferramentas metálicas tipo aixola, dun único tronco de madeira de carballo. Mide 727 cm de lonxitude, sendo o brazo vertical de 20 cm no exterior e de 19,5 cm a parte interior do brazo inferior da L. O espesor da madeira oscila entre os 6,3 e os 5,6 cm. As esquinas, tanto interior como exterior son curvas. A embarcación estarÃa composta, cando menos, por outra peza simétrica á esta que pecharÃa o vaso na outra banda. Tampouco se descarta a existencia dunha, o máis pezas planas de madeira situadas no fundo da embarcación, que permitiran ampliar a manga e, polo tanto, a capacidade de carga. O costado atopado finaliza nun estremo nunha zona maciza, non baleirada. O outro estremo remata coa estrutura aberta, estando os bordes cortados en bisel. Esta disposición pode significar que, adherida a este estremo, se puidera atopar un espello que pechase a embarcación, anque, segundo se comunica, tampouco son estraños os casos de embarcacións deste tipo completamente abertas para facilitar o embarque de carga, animais ou pasaxeiros. Segundo isto, a embarcación terminarÃa nunha popa de sección cadrada, aberta, no senso de embarcacións moito máis primitivas no contexto da Europa Atlántica.