O Festival Internacional de Cinema de Bueu presenta a súa 15ª edición cun amplo programa que comezará o domingo 11 de setembro e se prolongará ata o sábado 24, traendo de novo unha selección de curtametraxes nacionais e internacionais. Tras voltar á total normalidade logo de varios anos marcados pola situación derivada da crise sanitaria, o FICBUEU continúa coa progresión das pasadas edicións e presenta un novo formato que vai máis aló do festival, co claro obxectivo de poñer en valor os proxectos que se realizan durante os meses anteriores e posteriores ao evento. Así xorde a nova estrutura do FICBUEU, que se basea nas diferentes accións que realiza a organización ao longo do ano: o festival de curtametraxes, as colaboracións con festivais, asociacións e outras entidades, as xornadas cinematográficas e o futuro proxecto de residencia de creación. A programación completa xa está dispoñible no sitio web do festival.
A principal novidade desta edición serán as xornadas cinematográficas, un espazo para a reflexión sobre a arte do cinema da man de diferentes profesionais do sector. Estes encontros, con entrada de balde con previa reserva de praza a través desta mesma web, realizaranse nos días de peche do evento, o sábado día 24 baixo o nome I Xornadas Cinematográficas: esculpindo o tempo. O proxecto iniciarase cunha charla con José Manuel Mouriño, cineasta e investigador especializado en Andrei Tarkosvski, baseada no tratamento do tempo nos seus films, seguido dunha conversa entre Andrea Morán e Daniela Urzola, críticas de Caimán Cuadernos de Cine. Xa pola tarde celebrarse unha mesa redonda en liña moderada pola docente Diana Ramahí e que contará coas cineastas e montadoras Ana Pfaff, Diana Toucedo e Carolina Astudillo. O peche desta primeira edición poñerano un encontro con Oliver Laxe conducido polo xornalista Ángel Suanzes e a proxección de Zerkalo (Andrei Tarkovski, 1975).
As sesións de proxección seguirán a ser a parte principal do festival de curtametraxes, que dará comezo co acto inaugural do día 11 de setembro, onde se estrearán dúas pezas realizadas coa Asociación Érguete de Vigo e coa Asociación Juan XXIII de Cangas. A programación recollerá máis de 100 curtametraxes e varios coloquios coas directoras e directores, ademais doutras actividades como Carne Cruda, o podcast Espazo Negativo, a VII Ruta das Tapas 5 Estrelas, o V Mercado de Curtametraxes ou a presentación do Caderno FICBUEU#3. Un dos grandes días desta edición será o sábado 17, no que ademais dalgunhas das actividades anteriormente citadas tamén se poderá asistir ás Seccións España e Galicia R, á entrega de premios, a diversos coloquios e ao concerto de clausura. Nunha segunda semana, terá lugar o MiniFIC, o apartado dedicado aos centros de ensino e á rapazada, cunha duración de cinco días, dende o luns 19 ata o venres 23.