O cineasta Jaime Chávarri (18 de marzo do 1943, Madrid) recibirá a Calpurnia de Honra do 27º Festival Internacional de Cinema de Ourense - OUFF, que se celebrará entre o 23 de setembro e o 1 de outubro deste ano. Ademais, o festival publicará un volume arredor da súa figura a cargo do crítico Alberto Abuín, dentro da súa colección MonografíasOUFF. Chávarri comezou a súa carreira como realizador en 1967, coa adaptación da obra teatral de Fernando Fernán Gómez 'Las bicicletas son para el verano' (1984), logrou o seu maior triunfo comercial. Con 'Las cosas del querer' (1989), homenaxe encuberta á gran figura da canción española Miguel de Molina, conseguiu outro estimable éxito. Na última etapa da súa carreira estreou, entre outros títulos, 'Tierno verano de lujurias y azoteas' (1993), 'El año del diluvio' (2004), baseada na novela homónima de Eduardo Mendoza, e 'Camarón' (2005), filme biográfico sobre o cantaor flamenco Camarón de la Isla. O premio recoñece a súa traxectoria e, ademais, o seu compromiso coa terra ourensá, xa que Chávarri ven de rodar a longametraxe "La Manzana de Oro" en Ourense, un proxecto patrocinado pola Deputación que agardan que poida ser proxectado durante o festival. Con esta comedia o director regresa ao cine tras case dúas décadas de ausencia.
Ademais deste premio honorífico, a organización do OUFF tamén ven outorgar o Premio Especial deste 27º festival ao deseñador de son hispano-arxentino Carlos Faruolo Ángelo (Buenos Aires, Arxentina, 1952). O festival recoñece así o traballo dun profesional que conta con máis de 200 películas no seu haber, e que está vinculado a Galicia desde que, hai máis de dúas décadas, participou na película 'Sei quen es' de Patricia Ferreira (2000). A este traballo galego seguíronlle as longametraxes de animación 'O bosque animado' (2001) e 'O soño dunha noite de san Xoán' (2005) de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez. Ademais, en 2008 obtivo o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao mellor son por 'Os mortos van ás présas' de Ángel de la Cruz, repetindo ao ano seguinte co Mestre Mateo ao mellor son por 'Celda 211' (Daniel Monzón). Tamén traballou en series galegas de televisión como 'Al final del camino' (2017) e Néboa (2020), ambas as de Voz Audiovisual para TVG e TVE.