O investimento en programacións foi o maior dos que desenvolveu a ConsellerÃa de Cultura en apoio das industrias culturais ao longo de 2021, cun total de 6,5 millóns de euros. Asà o sinalan os datos recollidos no Libro-Memoria que publicou a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a resumir a actividade neste eido.
O volume presenta cifras totais que inclúen tanto o investimento achegado pola Axencia como por outros departamentos da Xunta. Deste xeito, dos 6.578.430 euros destinados a programacións, a Agadic achegou unicamente 3.408.579. En conxunto, estes fondos contribuÃron a financiar un total de 1.052 funcións de artes escénicas e 579 concertos de 575 formacións artÃsticas en 357 localidades do paÃs.
Das liñas que fan parte destes investimentos foron os Festivais de Orquestras de Verbenas os que recibiron máis fondos, con 1.240.000, seguidos do programa Cultura no Camiño, que sumou 975.559. A rede Galega de Teatros e Auditorios, con 735.020 euros en 2021, o proxecto Propulsa Danza, con 220.394, os ciclos Comicamente e Música en Salas, con 200.000 cada un e o proxecto Danza 3, con 58.000 euros, completaron este orzamento.
A nivel de subvencións foi o audiovisual, con 4,7 millóns de euros achegados a través de sete liñas especÃficas que beneficiaron 109 proxectos, o ámbito que conseguiu un maior investimento do departamento de Cultura. Pola súa banda, o apoio a proxectos musicais obtivo unha cifra de 2.034.980 euros e beneficiou 123 proxectos. As subvencións a artes escénicas, á súa vez, distribuÃron 1.430.152 euros entre 107 proxectos.
En total, a suma de subvencións outorgadas por Cultura para industrias culturais chegou aos  9,2 millóns de euros, un 47% máis respecto ao curso anterior, segundo sinala a Xunta.