A tradicional técnica de secado de congro ao ar libre que se practica en MuxÃa e as estruturas de madeira que se empregan para esta tarefa están en risco de desaparición. A ConsellerÃa de Sanidade impúxolle unha sanción de 5.800 euros á empresa que mantén esta actividade por incumprir a normativa sanitaria, e esixe que o espazo de secado fique illado do acceso público, algo que a firma non considera viable.
Esta práctica tradicional, que antes estaba presente en boa parte da costa galega e que na actualidade só se mantén nesta localidade, tiña na localidade catalá de Catalayud o seu principal mercado. O abandono da mesma por parte da empresa que a sostén, a cargo de Manuel Diz, suporÃa sa súa desaparición do noso paÃs.
Coa intención de salvar tanto a técnica de secado como as instalacións artesanais, o Concello de MuxÃa anunciou a súa intención de desenvolver neste espazo un centro de interpretación que poña en valor o patrimonio etnográfico que supón este conxunto. A proposta quere incluÃr demostracións ao vivo deste traballo e que manteña as estruturas de madeira.
Para alén das propostas municipais, o risco de desaparición destes elementos está a motivar unha importante mobilización social a prol da súa conservación, con recollidas de sinaturas e diferentes manifestacións de apoio.