"Unha figura poliédrica da nosa escena en particular e da nosa cultura en xeral que deixou ao longo da súa ampla carreira unha fonda pegada en varias xeracións da profesión teatral". Asà define a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) a figura de Lino Braxe, a quen lle concedeu este 23 de maio o Premio de Honra Marisa Soto de xeito póstumo.
Co galardón, a entidade "quere recoñecer a traxectoria e celebrar a vida dun autor multidisciplinar, un artista todoterreo cuxo compromiso coa cultura sempre foi un estandarte dende as diferentes frontes nas que militou". Entre os méritos de Braxe listan que "o seu traballo incluÃu diferentes vertentes do oficio escénico" e "cultivou a interpretación, a dirección, a escrita, a adaptación, o teatro radiofónico ou o teatro de base. Ademais, o xenio creativo do actor falecido a finais de 2020 estendeuse á poesÃa", asà como "á narrativa, á pintura, á dobraxe, ao audiovisual, a música e ás ondas ao traballar como locutor en RNE durante máis dunha década".
Estas é a segunda ocasión en que a AAAG entrega o seu premio de honra de xeito póstumo, logo do que recoñeceu en 2014 a Xosé Manuel Olveira Pico. A Asociación destaca que "con esta decisión excepcional, sublÃñase o afecto da profesión e cólmanse peticións que xurdiron dende o corpo asociativo". O premio entregarase o vindeiro 2 de xuño no Teatro RosalÃa Castro da Coruña durante a gala dos Premios MarÃa Casares.
A AAAG presentou ademais o pasado 20 de maio as dúas pezas audiovisuais MarÃa Casares: Voces para un centenario, coas que se suman á celebración dos cen anos da actriz. As curtametraxes están dispoñibles en Youtube e preséntanse a medio camiño entre o documental e a ficción "ao conxugar ao longo do seu metraxe as voces do historiador Emilio GrandÃo e da investigadora MarÃa Lopo coa interpretación por parte de cinco actrices asociadas á AAAG de diferentes fragmentos das memorias Residente privilexiada, de entrevistas ofrecidas por MarÃa Casares e de papeis significativos da súa ampla carreira". Sonsoles Cordón, Arantxa Treus, Bea Sánvil, Maika Aguado e LucÃa Sá son as responsables de pór voz á actriz.
Na primeira das pezas, MarÃa Casares: O deber da memoria abórdase a posición da intérprete fronte ao exilio, a diáspora galega, o republicanismo ou a figura polÃtica do seu pai, Santiago Casares Quiroga. Na segunda, MarÃa Casares e o festival de Avignon, detállase a evolución da homenaxeada a través das súas múltiples participacións no afamado evento escénico. O proxecto desenvolveuse ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.