Desde hai case oito anos Juan Carlos Cobas traballa para crear un programa informático que sirva para ver, analizar e procesar as moléculas e compostos a partir de resonancias magnéticas nucleares. Chámase MestRe-C (M de Magnetic, R de Resonance e C de Companion) e serve de punto de traballo ao mundo da investigación e ás empresas farmacéuticas. O que comezou sendo un proxecto de doutoramento ao abeiro da Universidade de Santiago (USC), é hoxe un programa con preto de 4000 usuarios en todo o mundo.
A principios dos anos 40 comezaron a aplicarse as resonancias magnéticas, como técnicas espectroscópicas que servÃan para analizar moléculas, para saber a estructura dos compostos. Dúas décadas despois, déronse importantes avances en medicina co que as resonancias magnéticas optimizáronse para diagnosticar o alcance dalgúns cancros ou mesmo das lesións, por poñer uns exemplos. Hoxe en dÃa son, ademais, os puntos base das empresas farmacéuticas para elaboraren os seus principios activos.
A resonancia magnética nuclear (RMN) pódese entender como un microscopio a escala atómica que nos permite saber cal é a estructura dun composto determinado. E isto é o abc da farmacéutica. Pero, os resultados que ofrece o espectrómetro dunha RMN non conteñen información en si mesmos, senón que os hai que analizar e tratar a través de sofisticados algoritmos matemáticos. E aquà é onde entra MestRe-C.
Os inicios
“No ano 95 existÃan moi poucos programas para o procesado de datos dunha resonancia. E os poucos que habÃa eran carÃsimos, xa que andaban polos 6000 euros, e eran complexÃsimos de manexar” afirma Juan Carlos. Daquelas Juan Carlos era alumno de terceiro ciclo da facultade de quÃmica e tiña a súa tese en marcha dirixida por Javier Sardina.
No ámbito académico existÃa o programa SwaN-MR para o sistema operativo Mac-OS que desenvolvera o italiano Giuseppe Balacco e co que Juan Carlos dirixido por Javier Sardina (daquela o seu director de tese e hoxe director do RIAIDT, Rede de Infraestructuras e Apoio á Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico) traballou para aprender a facer esta nova ferramenta.
Hoxe en dÃa, sen outro tipo de financiamento que os cartos que recibÃa da súa bolsa e con menos de 35 anos, Juan Carlos conseguiu desenvolver un programa que calquera usuario pode baixar desde a rede de balde. MestRe-C é, segundo Juan Carlos, “un programa que se emprega para o procesado, simulación, visualización e análises de datos (espectros) dunha Resonancia Magnética Nuclear (RMN)”.
E o seu traballo continuado deu lugar a un programa empregado na maior parte dos laboratorios do mundo, tanto a nivel académico como industrial. De feito, o 89% dos seus usuarios, segundo datos que manexa Juan Carlos, procede do mundo académico (universidades, institutos de investigación...), mentres que o restante pertence a industrias farmacéuticas, entre as que destaca Bayern, Glaxo, Pharmamar (Zeltia) ou Dupont. A última versión, dispoñible desde hai dous meses, ten case 4000 usuarios en todo o mundo, e versións antigas do programa chegaron a ter máis de 20.000 usuarios.
Presente e futuro
E malia a utilidade e a transcendencia do programa, non tivo ningunha vÃa de financiamento allea. O único que percibiu foron pequenas achegas económicas, e iso desde que o programa estaba xa rematado, a través da publicidade que algunhas das empresas poñÃan no web. Pero agora Juan Carlos, que traballa no Laboratorio Integral de Dinámica e Estructura de Biomoléculas J. R. Carracido dentro da Unidade de Resonancia Magnética e Nuclear da USC, está a preparar unha nova versión mellorada, pero esta vez xa para comercializar. Un proxecto que está aÃnda sen concretar e que posiblemente teña prezos diferentes en función do tipo de usuario.
Pero non só iso, están traballando, en colaboración con Armando Navarro, en desenvolver programas complementarios. É o caso de MestR-S que é un simulador virtual de RNM. Juan Carlos aclara que un aparato dunha resonancia pode chegar a custar 3 millóns de euros, polo que supón un risco moi elevado aprender a manexar o aparato. O MestR-S é “como un simulador de voo, para que a xente poida aprender a manexar o aparato dunha RMN sen dispoñer fisicamente dun”.