Co anuncio da estrea europea do último filme de Amy Halpern e un monográfico sobre Ute Aurand, (S8) Mostra de Cinema Periférico presentaba este doce de maio a súa XIII edición. A Coruña acollerá entre o 27 de maio e o 5 de xuño.
Para esta nova xeira, canda aos nomes destas dúas cineastas consagradas, o evento anuncia actividades e proxeccións arredor de referentes da creación audiovisual de vangarda internacional, como son Leah Singer, Lee Ranaldo, Dianna Barrie e Richard Tuohy,Alexandre Larose ou Philipp Fleischmann.
Ademais, a organización da mostra sinala que esta xeira inicia "unha nova etapa reconfigurando algunhas das súas seccións e abrÃndose ao traballo de novos creadores e creadoras, utilizando o cinema como ferramenta para o impulso destas novas xeracións", de xeito que se quere converter "nun espazo para a formación, a reflexión e a utilización do cinema como canle de transmisión".
Dentro das novidades, o programa contará cun novo contido en liña, o proxecto Ultreia et Suseia. Esta proposta recolle entrevistas a cineastas do paÃs como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado, Xisela Franco, Tono Mejuto, Xiana do Teixeiro, Alexandre Cancelo e Berio Molina. A isto súmase unha sección presencial dedicada ao cinema galego cunha vintena de traballos.
Canda a outras actividades formativas, como a clase maxistral de AulaCREA que impartirá Halpern, o evento convoca a sexta edición das Residencias ArtÃsticas Internacionais de Creación Cinematográfica - BAICC, que ten xa aberta a súa inscrición.