O Play-Doc, festival de documentais de Tui, fechou este 8 de maio a súa décima oitava edición coa entrega de galardóns. Terra que marca, do portugués Raul Domingues, foi escolleito como mellor longametraxe internacional, a recoñecer un filme "ecolóxica sensible e realizado con grande beleza", segundo destacou o xurado.
Na mesma categorÃa recibiu unha mención especial King Hearts, de Olivia Rochette y Gerard-Jan Claes. No apartado de curtametraxes internacionais, o xurado seleccionou Caught in the rain de Elie Maisin e Mieriën Coppen como mellor traballo, e outorgoulle unha mención a Le Tombeau de Kafka, de Jean-Claude Rousseau.
Pola súa banda, na competición galega impúxose o proxecto Ningún rÃo me protexe de min de Carla Andrade, que viu recoñecida a súa capacidade de atopar "o fogar nos lugares máis remotos a unir unha voz familiar con imaxes doutros lugares xeográficos e unha montaxe capaz de convocar a emoción do Ãntimo a través da exploración formal da plasticidade". Na mesma categorÃa recoñeceuse cunha mención Un cielo impasible, de David Varela, pola "reescenificación histórica dun pasado común por situar no imaxinario adolescente nun exercicio de práctica democrática".
O comité de selección internacional estivo composto por Émilie Cauquy, Haden Guest e Andrea Meneghelli, mentres na sección galega realizaron a escolla Ramiro Ledo, EloÃsa Suárez e Gemma Vidal.