Con rexistros escritos que dan conta da súa actividade ininterrompida desde 1542, o Arquivo Histórico Universitario de Santiago quere dar a coñecer o seu labor e a riqueza documental que acolle, xestiona e conserva. Con ese fin, promove a exposición "Crónica dunha custodia", que poderá ser visitada ata o 28 de maio na capela do Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela. A mostra, comisariada pola directora do Arquivo, ofrece mediante distintos paneis expositivos un percorrido cronolóxico que arranca en 1542 e visita os principais fitos históricos que repercutiron, dun xeito ou doutro, na xénese e evolución do Arquivo. Inclúe unha selección de xoias documentais que, por primeira vez, sairán dos depósitos do arquivo para que poidan ser contempladas publicamente.
A exposición amosa tamén o proceso de conformación do corpus documental do Arquivo ao longo do tempo. Para ilustralo, diferentes vitrinas permiten admirar documentos de gran valor histórico e pezas que achegan ás persoas visitantes informacións curiosas ou descoñecidas. Finalmente, a exposición fai tamén presente a dimensión humana deste labor de custodia, con documentación relativa a aquelas persoas que foron responsables do arquivo ou estiveron vencelladas a el nas distintas épocas, e dá conta da evolución da figura do arquiveiro ata o seu recoñecemento como profesión coa creación da especialidade a mediados do século XIX.