A vida e obra do fotógrafo José Suárez (Allariz, 1902- A Guarda, 1974) será obxecto dunha rememoración a través dun 'concerto híbrido', cunha obra orixinal que se executará en directo mentres se realizará unha vídeo creación en vivo con fotografías orixinais dixitalizadas de José Suárez. O auditorio do Centro Social do Mar do Concello de Bueu, acollerá este xoves a interpretación de "José Suárez. Suite para unha vida", unha composición de Rafael Fernández que homenaxea ao fotógrafo, recoñecido internacionalmente e cuxa serie "Mariñeiros" ten concomitancias coa vila morracense. O concerto, do que se poderá gozar de balde ás 21.00 horas, contará con Rafael Fernández e Virxilio Fernández na guitarra eléctrica, Bleuenn Le Friec na arpa, Álex Salgueiro nos teclados, e Iván Torres na parte visual. Este evento inclúese no programa "Bueu Gozosos Anos 30", unha proposta do Concello que naceu hai uns anos para dignificar e lembrar a memoria dos anos previos ao golpe de estado do 36 e o que deron de si a nivel cultural.
A obra "José Suárez. Suite para unha vida" consiste nun concerto de música orixinal escrita para guitarra eléctrica, arpa e teclado que se executará en directo mentres se realizará unha vídeo creación en vivo con fotografías orixinais dixitalizadas de José Suárez. Baixo a dirección artística do músico Rafael Fernández, esta posta en escena propón un percorrido pola vida e obra do fotógrafo en catro partes, para o que se contou coa colaboración do seu sobriño, Xosé Luis Suárez Canal. Cada una destas catro partes ('Galicia e os mariñeiros', 'Exilio', ' Xapón e a súa espiritualidade', ' Retorno e morte') está pensada para ofrecer unha dimensión maior do que foi a vida e a obra do fotógrafo. Isto farase grazas a unha música atmosférica e por momentos descritiva sustentada e inspirada nas fotografías, así como no momento vital do protagonista. Tamén se utilizarán pequenos fragmentos de texto do propio Suárez, así como doutros de intelectuais do seu tempo que estiveron presentes na súa vida, como Unamuno ou Blanco Amor, entre outros.