Margarita Ledo Andión recollerá un novo premio de honra este ano pola súa traxectoria na cinematografÃa. Tras do recentemente outorgado Premio Fernando Rey pola Academia Galega do Audiovisual a cineasta, escritora e investigadora foi a persoa elixida en asemblea pola Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, para concederlle a distinción de Honra do festival, o Premio Pedigree desta XIXª edición. A organización do certame quere premiar en Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) unha obra "caracterizada pola defensa da lingua, a visibilidade das mulleres anónimas e a intención de reconstruÃr a identidade dun paÃs rescatando a memoria borrada", aseguran nun comunicado que sinala sobre a ollada da cineasta a súa "evolución desde o documental a novas vÃas de exploración difuminadas coa ficción".
Margarita Ledo recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XIX Festival de Cans, que terá lugar entre o 18 e o 21 de maio. Directora de catro longametraxes, co seu último filme, 'Nación' (2020), acadou varios recoñecementos como o Premio á mellor dirección de pelÃcula española no Festival de Cine Europeo de Sevilla, o Mestre Mateo ao mellor documental e resultou preseleccionada para os Goya. Con anterioridade, Margarita Ledo dirixiu 'Santa Liberdade' (2004), cinta na que recupera a memoria do secuestro do buque homónimo; 'Liste, pronunciado LÃster' (2007), a modo de biografÃa anticlásica do lÃder comunista galego; e 'A cicatriz branca' (2012), na que explora a figura da muller galega exiliada na Arxentina. Ademais do Premio da Academia Galega do Audiovisual Leda recibiu o pasado ano o premio de Honra da Asociación Galega de Profesionais da Realización e da Dirección (CREA) e o Premio "Mulleres no Foco" da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).