Un documental repasa a historia do ecomuseo Casa do Patrón

Terra e Tesón está dispoñible íntegro na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Un documental repasa a historia do ecomuseo Casa do Patrón

Terra e tesón é o título do documental que presentaba este doce de marzo Ab Origine co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O filme repasa ao longo de hora e media "como se foi forxando ao longo do tempo o proxecto do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade", Lalín, "desde o nacemento da idea ata converterse nun museo de referencia no rural sobre a etnografía galega", segundo explica a presentación do proxecto.

O centro, nado en 1995, defínese como "o maior museo etnográfico de Galicia" a achegar máis de 6.000 pezas repartidas en catro edificios. Oficios tradicionais, relixiosidade popular, tarefas agrícolas e mesmo o Castro de Doade, musealizado, fan parte da proposta. A veciñanza do lugar de Codeseda, e responsable do proxecto, explica no filme as diferentes iniciativas que se desenvolven desde o centro.

Para alén de percorrer as instalacións e contidos do museo, o filme repasa tamén a actividade de dinamización cultural que desenvolve o centro. Grupos de gaitas e canto tradicional, recreación de tarefas tradicionais, restauración de maquinaria agrícola antiga, investigación antropolóxica, rutas de senderismo, intervencións arqueolóxicas e moitas outras propostas fan parte do programa habitual promovida desde a Casa do Patrón.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Etnografía, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...