O tradicional encontro de finalistas dos Premios Mestre Mateo organizado pola Academia Galega do Audiovisual tivo este ano como novidade a entrega dunha serie de premios patrocinados a algúns dos finalistas. O Nordés Club Empresarial da Coruña acolleu este encontro ao que acoden os profesionais finalistas da presente edición dos premios. Nesta ocasión, como novidade, durante o acto entregáronse tres galardóns patrocinados que recoñecen algunhas virtudes intanxibles do audiovisual que non corresponden necesariamente coas cuestións técnicas e artÃsticas que se premian nos Mestre Mateo. Galicia Calidade, ABANCA e Deleite, foron os patrocinadores que deron soporte e denominación a cada un destes recoñecementos que premian diferentes valores engadidos dos proxectos.
AsÃ, o Premio Galicia Calidade á proxección exterior foi entregado pola xerente da institución, Ana Méndez ao videoclip da canción de Tanxugueiras 'Figa', da produtora Trece Amarillo. O galardón recoñece "o seu compromiso coa tradición e a súa contribución a proxección internacional da nosa cultura a través da música e o audiovisual como linguaxes universais". Diego Muñoz Barcia e Diego Santaclara Ferradás, da produtora Trece Amarillo, foron os encargados de recoller o trofeo. O Premio ABANCA ao impulso da sostibilidade foi para o documental 'O Gran Camiño', "por tratar o coidado do noso planeta desde unha perspectiva global, destacando os recursos e valores da contorna natural, patrimonial, paisaxÃstica e ambiental a través dun relato de aventuras que acaba revelándonos partes esenciais da natureza do ser humano". O premio foi recollido por Alba Prol e Raúl GarcÃa, directores do filme. Pedro González foi o encargado de entregar o Premio Deleite á promoción da lingua ao programa #DigochoEu "polo imparable crecemento dunha iniciativa que naceu dun formato audiovisual e que ten entre os seus obxectivos aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego". En palabras de Óscar Cruz, membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, estes tres novos premios, cuxo proceso de selección non foi comunicado, recoñecen cualidades "que tamén son intrÃnsecas ao noso sector e van máis aló do que coñecemos por audiovisual". Os Premios Mestre Mateo entrgaranse nunha gala o vindeiro dÃa 19 na Coruña.