O Consello da Xunta ven de aprobar hoxe un novo convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) cara as accións a desenvolver nos anos 2022 e 2023 no marco do Proxecto Terra. Este programa iniciado en 2002 pola institución colexial profesional ten como obxectivos afianzar a cultura da arquitectura e o urbanismo responsable e o respecto á paisaxe entre a comunidade escolar. Por medio deste convenio a Xunta achegará un 90 % do orzamento previsto para as anualidades 2022 e 2023, que ascende en total a 355.555 euros, co fin de levar a cabo actuacións de sensibilización, concienciación, formación e divulgación sobre os espazos e lugares que habitamos, nas distintas etapas educativas (infantil, primaria e secundaria).
O convenio permitirá a reedición do programa educativo 'Eu son inspect@r urbanÃstic@', a adquisición ou publicación de materiais didácticos para a súa distribución ou traballo nas aulas, a realización de visitas guiadas de arquitectura contemporánea e intercambios territoriais; ao tempo que se dará continuidade á exposición sobre o Proxecto Terra —para celebrar os 20 anos de vixencia— nas cidades galegas. Trátase, segundo confirma o comunicado da Xunta, de aprender do pasado para proxectar o futuro, asumir con responsabilidade a xestión do patrimonio construÃdo herdado, administralo con equilibrio e traspasalo con xenerosidade. A colaboración entre ambas as entidades deu inicio en 2003 e desde entón o Goberno galego achegou preto de 2 millóns de euros para a elaboración de actividades didácticas. A contÃa actual da bianualidade deste novo convenio supera polo tanto a media dos 19 anos anteriores.