Un novo logotipo e un web especÃfico son as novas ferramentas coas que conta o Concello de Ferrol para impulsar a súa aspiración a ser considerado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O concello presentaba este venres 11 de febreiro as propostas, coas que quere darlle un novo pulo a este proceso. O novo web achega abondosa información sobre os diferentes elementos que fan parte da candidatura, os seus valores, o expediente completo que se lle presentou á Xunta en 2018 neste sentido e mesmo os contidos Ãntegros do congreso "Ferrol. Destino Patrimonio Mundial" celebrado en 2021. Ademais, permite sumar adhesións á listaxe de apoio esta iniciativa.
A detallar os elementos máis destacados da candidatura, o web sinala que a mesma "abrangue unha área que toca os concellos de Ferrol, Fene, Narón, Neda, Mugardos e Ares", e que atende elementos artellados en cinco espazos, "Cidade-Praza, Porto Natural, Arsenal Militar, Arsenal Civil e Defensas Costeiras". Segundo destaca, os bens patrimoniais integrados esta iniciativa "conservan altos graos de integridade e autenticidade grazas a que se mantiveron en uso desde a súa construción e a que non padeceron perÃodos de destrución, caracterÃsticas que as singularizan fronte a outros complexos navais-militares".
Segundo recolle o web, a candidatura cumpre catro dos dez criterios que establece a UNESCO (cun mÃnimo de un) para se presentar á declaración como Patrimonio da Humanidade. Deste xeito, o web apunta que a proposta "supón un obra de arte do xenio creador por ser o modelo máis perfecto da cidade naval do século XVIII, o "porto ideal" do clasicismo". Ao tempo, preséntase como "un claro exemplo da universalización e do intercambio de valores que representa a combinación entre a excelencia técnica o deseño teórico ideal ilustrado. Na construción do porto e cidade de Ferrol confluÃron as diversas doutrinas e modelos das Reais Academias que no seu traballo combinado conseguiron materializar as ideas arquitectónicas, tecnolóxicas e técnicas da Ilustración, que posteriormente foron replicadas noutros lugares de Europa e do mundo".
Ademais, o conxunto "achega un testemuño único e excepcional da cultura militar naval do século XVIII e comezos do XIX", e os seus elementos "marcan o estilo dunha rexión xeocultural determinada polo tipo de construcións, o deseño dunha planificación e duns patróns urbanos especiais". Finalmente, como cuarto criterio destaca a proposta como un "exemplo representativo tanto das arquitecturas coma das enxeñarÃas desa época, seguindo os modelos académicos que combinan elementos do deseño racionalista coa tecnoloxÃa construtiva derivada da revolución cientÃfica do século XVIII".
O nova marca para a candidatura, pola súa banda, baséase "nos criterios racionalistas que se aplicaron na ordenación do barrio da Magdalena" e reproduce o trazado das rúas e do patio do Cuartel das Dores, que se empregou de medida para o deseño do actual casco histórico ferrolán.