A comedia 'Cuñados', ópera prima como director de Toño López e primeira incursión na longametraxe cinematográfica da produtora galega PORTOCABO, perfílase como favorita para a vindeira edición do Premios Mestre Mateo do audiovisual galego con 16 candidaturas finalistas. O filme de terror psicolóxico ambientado no rural, 'Malencolía' do realizador compostelán Alfonso Zarauza, indiscutible gañador da anterior edición co seu filme 'Ons', entra tamén con forza como posible gañador de ata 11 estatuíñas este ano. Outra longametraxe de terror rural, a ópera prima do santiagués Javi Camiño, 'Jacinto', protagonizada por Pedro Brandariz e Anxela Baltar dá a sorpresa e acada tamén as 11 candidaturas nos premios deste ano, tras varios recoñecementos en festivais. Tras destas sitúase a serie 'Hierro', tamén de Portocabo, con 8 candidaturas. Os directores dos traballos máis votados, Alfonso Zarauza, Javi Camino, Jorge Coira e Toño Chouza, competirán polo premio á Mellor dirección. A vindeira entrega de premios audiovisuais celebrará o vinte aniversario dos galardóns con importantes novidades, tal e como se avanzou hoxe no acto de lectura dos finalistas das 24 categorías.
Desde o 'showroom' da empresa Cafés Candelas en Lugo deuse hoxe lectura ao listado de finalistas das diferentes categorías dos XX premios Mestre Mateo do Audiovisual que organiza cada ano a Academia Galega do Audiovisual (AGA). Alí, nun acto retransmitido a través de Instagram pola academia, reuníronse Alba Mancebo, Esther Estévez, María Costas, Luís Iglesia e Beatriz Serén para ir dando lectura a cada un dos sobres que contiñan os nomes finalistas. Xa na primeira lectura, a do Mellor actor de Reparto, saíron os nomes das tres producións que máis se irían repetindo ao longo do acto: 'Cuñados' (Manuel Cortés); Malencolía (Diego Anido e Ricardo de Barreiro) e 'Jacinto' (Juanma Buiturón). A longametraxe estreada con notable éxito comercial, 'Cuñados' acada así unha posición de favorita este ano, en boa medida grazas ao seu traballo actoral con seis intérpretes finalistas. A película de Alfonso Zarauza tamén pode presumir de ter sacado boas interpretacións pois das súas 11 candidaturas cinco corresponden ao traballo de actores e actrices. E si 'Cuñados' responde ao xénero da comedia e 'Malencolía' ao do terror, entrambas emerxe tamén destacada este ano 'Jacinto' a ópera prima de Javi Camiño, unha comedia negra de terror rural protagonizada por Pedro Brandariz, quen tamén acada unha candidatura finalista como mellor actor protagonista a competir cos tres actores de 'Cuñados', Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán.
Outras obras completan o escaparate de produción deste pasado ano, no audiovisual galego e tamén están presentes nestes premios. É o caso das longametraxes 'Eles transportan a morte' ou 'Tres' e a serie 'Hierro'. A nova temporada desta produción acada ata 8 candidaturas, mentres que as dúas longametraxes foron capaces de convencer aos membros da academia de merecer 6 galardóns cada unha. Algúns dos nomes máis presentes no pasado ano e mesmo neste tamén saíron nesta comunicación de finalistas. Foi o caso das Tanxugueiras, cuxo videoclip da canción 'Figa' (Trece Amarillo e PlayPlan) resultou finalista na devandita categoría de produtos musicais, xunto a outros de Triángulo de Amor Bizarro, Grupo Antilia e Pablo Lesuit. Tamén apareceu o nome de Xela Arias, homenaxeada o pasado ano co Día das Letras Galegas, ao ser a serie documental 'XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA' producida pola Real Academia Galega e Miramemira, S.L., unha das catro que optan ao premio na categoría de producións para web.
Unha gala diferente
A Gala de entrega de premios na que se coñecerá o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña, un emprazamento diferente ao dos anteriores anos pre-pandemia, que se celebraba no Pazo da Ópera da mesma cidade ou no Palexco. O guionista Óscar Cruz, vocal da directiva da AGA actuando en representación da academia, adiantaba hoxe que a entrega dos premios virá chea de cambios e sorpresas. A celebración do vinte aniversario destes galardóns ten que ser, en palabras de Crus, "máis grande, e vaino ser". O membro da directiva adiantaba que o formato será de cea-gala, cos asistentes sentados en mesas ao estilo dos coñecidos Golden Globes e que se potenciarán as zonas de encontro, entrada e "photocalls" temáticos, na procura de recuperar o sentido de encontro da profesión tras unha edición anterior moi diferente. "Por fin volvemos", asegurou Óscar Cruz sobre a celebración senlleira deste vinte aniversario. Tamén aproveitou para presentar a nova imaxe gráfica e páxina web dos Premios Mestre Mateo e introducir un vído promocional sobre os galardóns e sobre o sector en Galicia, co lema "Vaia fauna!", que incide na "biodiversidade" dos profesionais diferentes que participan do "ecosistema" audiovisual nunha reivindicación das profesións e da canteira interxeracional que existe arestora.
FINALISTAS
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO:
E LALÍN... SÓACHE? (Lucas Terceiro, Marga Pazos e Webcom Consultora de Comunicación e
RRPP).
LAS ESTRELLAS DEL CAMINO. MIRADAS DE RESISTENCIA (Kaito Estudios, Aupa e Estrella
Galicia)
REDES VIVAS (Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria).
XACOBEO, CAMIÑA A GALICIA (Congo Producciones Audiovisuales y Gráficas, S.L.).
MELLOR CURTAMETRAXE:
A COMUÑÓN DA MIÑA PRIMA ANDREA (Brandán Cerviño Abeledo).
AUGAS ABISAIS (Rebordelos).
AURA (Abano Producións, S.L.).
FRACTURAS (Kraken Films).
MELLOR DOCUMENTAL:
A POETA ANALFABETA (Cósmica Producións).
A VIRXE ROXA (Recrea Films).
THE GREAT WAY (O GRAN CAMIÑO) (Meteórica Cine, Alba Prol Cid e Raúl García).
WELCOME TO MA MAISON (Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films).
MELLOR LONGAMETRAXE:
CUÑADOS (Portocabo para TVE, TVG e Movistar +).
JACINTO (Vizuals Lab).
MALENCOLÍA (Maruxiña Films Company e TVG).
TRES (Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films).
CATEGORÍA MELLOR PROGRAMA:
CINEPHILIA (Capítulos 69-112) (Noveolas Producciones e Telemiño).
CLAC (Capítulos 1-19) (CRTVG, S.A.).
COS PÉS NA TERRA (Capítulos 125-135) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.).
DÍGOCHO EU (Capítulos 336-676) (CRTVG, S.A.).
MELLOR SERIE TV:
A LEI DE SANTOS (Cap. 8-14) (Voz Audiovisual SAU e CRTVG S.A.).
AUGA SECA (CAP. 1-8, tempada 2) (Portocabo TV SL en coprodución con SPI para RTP e TVG).
HIERRO (CAP. 1-6, tempada 2) (Movistar e Portocabo en colaboración con Arte France y
Atlantique Productions).
MÉTODO CRIMINAL (Cap. 1-20) (Voz Audiovisual SAU, CRTVG, S.A.).
CATEGORÍA MELLOR SERIE WEB:
CACOLA (CAPS. 1-5) (David Fidalgo Omil, Carballo Interplay).
DELICIAS AMARGAS (CAP. 1-4) (Kraken Films).
MATARÍA MICROSERIE (CAP. 41-49) (Dinamo Producións e Javi Sega Producciones).
XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA (CAP. 1-6) (Real Academia Galega e Miramemira, S.L.).
MELLOR VIDEOCLIP:
EL VOLCÁN, Pablo Lesuit (Luis Santaolalla Vidal).
FIGA, Tanxungueiras (Trece Amarillo e PlayPlan).
FUKUSHIMA, Triángulo de Amor Bizarro (Toño Chouza).
VOUCHO CONTAR ASÍ, Grupo Antilia (Cumac Producións).
MELLOR COMUNICADOR/A:
ESTHER ESTÉVEZ CASADO (Dígocho eu-apuntamento lusófono, Caps 1-20).
PACO LODEIRO (Atrápame se podes, Caps.1-114).
RODRIGO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ (Quen anda aí?, Caps. 177-370).
SIMONE SAIBENE (Cinephilia, Caps. 69-112).
CATEGORÍA MELLOR DIRECCIÓN:
ALFONSO ZARAUZA (Malencolía).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
TOÑO LÓPEZ (Cuñados).
MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE:
ANDREA POZO (Cuñados).
ANTONIO PEREIRA (Tres).
SAMUEL LEMA (Jacinto).
SILVIA NAVARRO (Eles transportan a morte).
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:
ALBERTE BRANCO (AEC) (Malencolía).
JAIME PÉREZ (Cuñados).
JOSÉ ALAYÓN (Eles transportan a morte).
LUCÍA C. PAN (¿Qué hicimos mal?).
MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN:
ANA MÍGUEZ (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
ANA MÍGUEZ, JAVI LOPA (Cuñados).
BELI MARTÍNEZ, MARINA ALBERTI (Eles transportan a morte).
MIRIAM DEVESA (Tres).
XABIER EIRÍS (Jacinto).
MELLOR GUIÓN:
ARACELI GONDA (Cuñados).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JUANJO GIMÉNEZ, PERE ALTIMIRA (Tres).
PERE COIRA, FRAN ARAÚJO, ARACELI GONDA, LIDIA FRAGA, ELIGIO R. MONTERO (Hierro,
Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO:
EVA FERNÁNDEZ (Cuñados).
IOLANDA MUIÑOS (Malencolía).
LEDICIA SOLA (Malencolía).
MARÍA VÁZQUEZ (Cuñados).
MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA:
MARTA LARRALDE (Olvido y León).
MARTA NIETO (Tres).
MELANIA CRUZ (Malencolía).
SABELA ARÁN (Método criminal, caps. 1-20).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO:
DIEGO ANIDO (Malencolía).
JUANMA BUITURÓN (Jacinto).
MANUEL CORTÉS (Cuñados).
RICARDO DE BARREIRO (Malencolía).
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA:
FEDERICO PÉREZ (Cuñados).
MIGUEL DE LIRA (Cuñados).
PEDRO BRANDARIZ (Jacinto).
XOSÉ A. TOURIÑÁN (Cuñados).
MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:
CHICHA BLANCO (Cuñados)
ERIKA GARCÍA LUQUE (Eles transportan a morte).
LORENA CALVO (Jacinto).
PATRICIA FIDALGO, RAQUEL VILELA (Malencolía).
MELLOR MONTAXE:
ANDRÉS GOTEIRA (Welcome to ma maison).
JAVI CAMINO (Jacinto).
JORGE COIRA, GASPAR BROULLÓN, JUAN GALIÑANES (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
LU RODRÍGUEZ (Cuñados).
MARCOS NINE (A Virxe Roxa).
MELLOR MÚSICA ORIXINAL:
CAMILO SANABRIA (Eles transportan a morte).
ELBA FERNÁNDEZ, XAVI FONT (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
SVALI, WENCES LAMAS (Jacinto).
MELLOR REALIZACIÓN:
GERARDO RODRÍGUEZ (Malicia Noticias, caps. 173-312).
JAIRO IGLESIAS (Origen, Caps 1-4).
JOSÉ VILLAVERDE (Land Rober Tunai Show, Caps. 221-250).
MARCOS ESTEBO, DIEGO GUERRERO (Cos Pés Na Terra, Caps. 125-135).
MELLOR SON:
ALFONSO COUCEIRO, SANTI JUL, IVÁN LAXE (Cuñados).
DANIEL FONTRODONA, ORIOL TARRAGÓ, MARC BECH, MARC ORTS (Tres).
JAVIER PATO, DAVID MACHADO (Malencolía).
JUAN GAY, DIEGO STAUB (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
MELLOR VESTIARIO:
ALICIA DAPENA, LOLA DAPENA (Hierro, Caps. 1-6 da tempada 2).
ATRI GUTIÉRREZ, MAIKA NOVO (Eles transportan a norte).
LORENA CALVO (Jacinto).
RENATA UZAL (Malencolía).