As canles privadas de televisión autonómica semellan camiño da súa reactivación tras un perÃdod de inactividade de emisións. En novembro do pasado ano a Xunta publicaba as bases para un novo proceso de licenza dunha das canles dispoñibles arestora, a que deixou de utilizar a Corporación Voz. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a autorización por parte do goberno galego, referendada en Consello da Xunta tamén en novembro, para a transmisión á empresa Squirrel Media, S.A. da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva que ata o de agora era titularidade de Radio Popular, S.A. (COPE). Deste xeito a canle pasa ás novas mans de Squirrel Media, que terá que aboar no prazo dun mes unha taxa de 165.556,79 euros á administración galega.
A canle televisiva de cobertura autonómica que chegou a emitir como Popular TV, será agora xestionada por esta empresa liderada polo lucense Pablo Pereiro Lage que se define coma un "grupo tecnolóxico de comunicación", con tres áreas de negocio principais: media (publicidade e medios de comunicación), contido (creación e distribución de todo tipo de contidos audiovisuais) e área tecnolóxica (servicios TMT). O grupo, que cotiza en bolsa, evolucionou desde a produtora Vértice 360 cara un 'holding' "multinacional e multimedia", que opera nun cento de paÃses. A estratexia da empresa consiste en "consolidarse como unha xeradora e distribuidora global de contidos, converténdose no terceiro operador nacional privado de televisión en aberto e consolidar o seu liderazgo na xeración e distribución global de contidos en lingua hispana, portuguesa e italiana", segundo comunicaron recentemente tras da adquisición das participacións do Grupo Vocento nas empresas Sociedad Gestora de Televisión NET TV, S.A e Veralia Distribución de Cine, S.A.U.