Buscan visibilizar os cruceiros da Estrada

A asociación Vagalumes edita un catálogo elaborado polo mestre Olimpio Arca e os seus alumnos hai 40 anos

28/1/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Cruceiro de Santo André de Vea. Foto: Tabeirós - Montes / Facebook

A asociación cultural Vagalumes da Estrada presentará o vindeiro venres 4 de febreiro ás 20.30 h. no Museo do Moble da Estrada a edición da publicación Cruceiros da Estrada, que o mestre e polígrafo Olimpio Arca elaborou hai corenta anos co seu alumnado de Vea. A publicación está dividida en fichas e foi editada coa axuda da Deputación e o Museo de Pontevedra, incluíndo ademais fotos actualizadas das pezas. Vagalumes quere, con esta edición, chamar a atención sobre a difícil situación na que se atopa este patrimonio: "está enmarcada dentro do que chamamos #ProxectoOuzamerxe, co obxetivo non só de denunciar senón de poñer en valor o patrimonio". O nome do proxecto é ben singular. Ouzamerxe é unha aldea da parroquia estradense de Lagartóns no que caeu un cruceiro. Os seus anacos estiveron primeiro na casa do alcalde de barrio e logo nun arcón no despacho do primeiro tenente de alcalde da Estrada. A asociación descoñece o paradoiro actual dos anacos, que aínda non foron restituídos ao cruceiro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Pontevedra

Claves

Lugares