O Museo Massó de Bueu reformará as súas instalacións e ampliará a súa sede ao conxunto das naves da antiga conserveira que o acolle. Asà o asegurou este 15 de xaneiro o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez nunha visita ás instalacións, durante a que anunciou un investimento de 1,1 millóns neste centro para obras que se licitarán nas vindeiras semanas.
Segundo adiantou RodrÃguez, o investimento permitirá ampliar o acondicionamento da Sala LugrÃs para integrala na exposición permanente e amosar pezas "como a serie de seis pinturas de gran formato realizadas nos anos 40 para o comedor das traballadoras da conserveira e que ocupan cerca de 300 metros lineais", explicou. Canda a isto, os traballos inclúen melloras nos pavimentos e paramentos verticais, a consolidación de muros estruturais e forxados de pisos, e melloras en acabados, instalacións, sistemas de illamento e acondicionamento ambiental.
Os labores de rehabilitación desenvolveranse tamén no no tramo sur da nave da antiga conserveira, que xa acolle parte da colección permanente do museo. Tamén a antiga nave de atadores será adecuada para servir como almacén das coleccións do museo, mentres a antiga nave da conserveira reformarase coa demolición de tabiques para pasar a contar cun espazo único. As actuacións súmanse ás anunciadas en 2021 para para crear un espazo no centro dedicado ao pasado romano de Bueu.
Na mesma xornada, o conselleiro adiantou un investimento de 500.000 euros dedicados á restauración das instalacións da Illa de San Simón, "especialmente as relacionadas coa subministración de auga potable, a prol dun consumo máis eficiente". Canda a isto, actuarase nas diferentes construcións existentes tanto nesta illa como na de San Antón "para recuperar o seu aspecto orixinal e garantir a súa sustentabilidade". Os edificios do Seminario, do Centro de Interpretación e da Casa da Cultura, asà como o comedor serán o obxecto destas intervencións.