Un total de 376.824,55 euros financiarán 47 actuacións de rehabilitación do patrimonio histórico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación Provincial daba a coñecer este 3 de xaneiro as listaxe de axudas concedidas aos concellos ao abeiro desta liña, que incrementou en 77.000 euros a respecto da anterior convocatoria e que pretende a restauración de bens inmobles de titularidade municipal con valores patrimoniais, a adquisición de novos elementos deste tipo ou a sinalización dos mesmos.
Entre as actuacións que reciben unha maior contía destes fondos destacan os traballos na fonte Raíña e a conservación do peto de ánimas e cruceiro en Cedeira que desenvolverá Redondela con 28.449 euros, así como a conservación e mantemento no eido da casa Peralba, que o Concello de Gondomar acometerá con 26.207. Os 20.392 euros cos que Tomiño rehabilitará o Lavadoiro Fonte do Ramo, a mellora da capela de Santo Adrao en Lalín (17.787) e a recuperación e restauración da muralla da Torre de Meira en Moaña (17.484) son as seguintes propostas que obteñen máis apoio da entidade provincial.
Precisamente o Concello de Moaña facía público este 30 de decembro un vídeo documental no que repasa as actuacións que se desenvolveron na Torre de Meira durante a primeira fase dos traballos de rehabilitación, a cargo de Árbore Arqueoloxía.