A tradución ao galego de A Tribuna fecha o ano Pardo Bazán

A Real Academia Galega acolleu a presentación do volume o pasado día 30

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Capa e contracapa de A Tribuna.

Capa e contracapa de A Tribuna.

A terceira novela de Emilia Pardo Bazán, La Tribuna, conta desde este 30 de decembro con versión en galego. A sede da Real Academia Galega acollía nesa data a presentación da obra, considerada, segundo lembra a institución "a primeira incursión naturalista nas letras hispanas e a primeira tamén en reflectir a vida da clase obreira feminina, neste caso as cigarreiras da Coruña". Valeria Pereiras correu coa tradución desta obra que ve a luz grazas á colaboración entre o Concello da Coruña e a Fundación Luzes.

A presentación puxo o fecho ao ano de celebracións dedicado á autora polo centenario do seu pasamento. Exposicións, recitais, publicacións, concertos ou dous congresos reivindicaron o carácter pioneiro e a modernidade da creadora coruñesa, que nunca escribiu en galego durante a súa carreira.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Real Academia Galega, Emilia Pardo Bazán, Luzes...