A obra 'La Tribuna' de Pardo Bazán convértese en ópera

A antiga fabrica de tabacos onde está ambientada acolleu a presentación do libreto

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaLiteratura
Compartir:
Gabriel Bussi, a pianista Haruna Tabeke e a soprano Teresa Nóvoa nun momento da presentación musical. Fonte: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Gabriel Bussi, a pianista Haruna Tabeke e a soprano Teresa Nóvoa nun momento da presentación musical. Fonte: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

A antiga Fábrica de Tabacos, convertida na nova sede da Audiencia Provincial da Coruña, acolleu onte a presentación do libreto La Tribuna, adaptación operística do compositor Gabriel Bussi e o escritor Javier Ozores da novela homónima de Emilia Pardo Bazán publicada en 1883, cuxo escenario protagonista é precisamente este espazo no que traballaron desde o século XIX milleiros de cigarreiras como Amparo, a protagonista desta ficción literaria. O libreto converte en ópera a coñecida obra de Emilia Pardo Bazán, a primeira interpretación literaria do mundo laboral, e feminino, en España. A historia ten como protagonistas as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña, a Marineda de Pardo Bazán, que foron parte da elite do proletariado fabril galego. No acto, coorganizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Real Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, o público puido escoitar dúas pasaxes da ópera na voz da soprano Teresa Nóvoa, acompañada no piano por Haruna Takebe.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Emilia Pardo Bazán, Real Academia Galega, Museos

Claves

Protagonistas
Conceptos