O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo dá a coñecer o palmarés da súa 30ª edición, celebrada entre os dÃas 24 de setembro e 29 de outubro. O público decidiu, cos seus votos, escoller o espectáculo "Cigarreiras", de Contraproducións, como a mellor obra do Programa de Sala do FIOT30. Cunha elevada puntuación (9,32 sobre 10), a peza dirixida por Cándido Pazó, que realizou unha residencia e preestrea no Pazo de Cultura no mes de setembro, resultou a clara vencedora da edición. Pazó parte da obra 'La tribuna' de Emilia Pardo Bazán e dirixe unha proposta dramatúrxica con sete actrices en escena, que busca conxugar o ton propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan caracterÃsticos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.
No segundo lugar, a peza máis valorada foi 'Solo un metro de distancia', de Serena Producciones, e 'Greenpiss', de Ylanna, completa o podio deste FIOT. Xunto ao Premio do Público do Programa de Sala, as espectadoras e espectadores do FIOT tamén tiveron ocasión de escoller a peza e a interpretación máis salientables, segundo o seu criterio, do V Certame de Microescenas Metro Cadrado, celebrado os sábados 9, 16 e 23 de outubro. A proposta 'OldPlay', de Antón Coucheiro, creada para desenvolver no parque infantil do Parque de Anllóns, foi a vencedora na categorÃa de mellor obra, mentres que Sara Guerrero, creadora de 'A miña casa é un palco de música', obtivo o recoñemento á mellor interpretación.